A mocidade de Mazaricos vai de aventura a Portugal
actividade está indicada para nenas e nenos de 13 a 17 anos
13:45 30/07/19
O Concello de Mazaricos organiza unha fin de semana multiaventura en Pena Aventura, un incrible parque situado no norte de Portugal, nun entorno natural espectacular e cunha das tirolinas máis grande do mundo. Será os días 9 e 10 de agosto e a saída terá lugar o venres ás 8 da mañá na Casa do Concello.
As actividades programadas, indicadas para nenas e nenos de 13 a 17 anos, son: circuíto aventura, salto negativo, caza do tesouro, fantasticable, escalada, alpine coaster, crazy carts e slide.
O prezo é de 70€ para persoas que estean empadroadas no concello e de 90€ para aquelas que non. O límite para anotarse é o 5 de agosto e é preciso presentar copia do DNI e tarxeta sanitaria. O teléfono para máis informacióné o 981 86 71 04.