Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A MZ, xa nos mapas peninsular e europeo de turismo de autocaravanas

A MZ, xa nos mapas peninsular e europeo de turismo de autocaravanas
60 autocaravanas estrearon a area da Picota-Foto-Numenius 60 autocaravanas estrearon a area da Picota-Foto-Numenius Cantas veces falamos en QPC da necesidade de coidar o turismo de autocaravanas nunha zona como a Costa da Morte. Ano tras ano aumenta a chegada desta clase de turista á nosa bisbarra. Atopamos habitualmente unha parella de xubilados centroeuropeos con moito tempo, cartos e gañas de ver natureza. Pero, na zona, apenas contamos cunha Área con todos os servizos, unha área en ruta, e varios Aparcadoiros. A estes espazos (na provincia da Coruña só hai 18 áreas deste tipo) temos que engadirlle a nova Área de Servizos para Autocaravanas que veñen de inaugurar na Picota. Unha iniciativa que pon a MZ no mapa peninsular e europeo de turismo de autocaravanista que agora está en auxe. É unha aposta do goberno municipal, que recoñece que “o investimento necesario é un esforzo ínfimo para o Concello, mais a repercusión que ten finalmente, tradúcese nun aumento do número de turistas e visitantes que veñen a Mazaricos”, dando valor ao impacto económico que pode chegar a ter na zona. I é que unha Área deste estilo non pasa de ser “un lugar funcional que dispón dunha toma de auga para encher o depósito de augas limpas, unha apertura para baleirar as augas grises e negras do vehículo e tamén dun espazo para o estacionamento e pasar a noite, na súa maioría cerca do centro urbano ou de servizo básicos (supermercados, hostalería, servizos primarios, etc.) pero nun sitio tranquilo”. Como non podía ser doutro xeito, foi a Asociación Galega de Autocaravanas AGA a que acodía á Picota para inaugurar a Área. Unhas 60 autocaravanas con unhas 150 persoas (procedentes de Galicia pero tamén de diferentes partes de España, Francia e incluso Alemaña), disfrutaron dunha xornada completa. Foron recibidos polo alcalde, e pola pola tarde foron visitar a explotación de Lácteos Perfecto de Mazaricos, para enseñarlles o robot de muxido. O domingo subiron ó Aro. A Aga de visita en Lacteos Perez A AGA de visita na granxa da Sociedade Lácteos Perfecto O alcalde recibindo a AGA-Foto-Numenius O alcalde Juan Jose Blanco recibindo a AGA-Foto-Numenius

Somos xente de palabra

Paralelamente, dende o Concello mazaricán informan que vñen de abrir unha nova páxina de Facebook e web para “estar máis preto dos veciños,onde o alcalde e os concelleiros van ir contando o seu día a día no Concello”. A páxina de FB Somos xente de palabra vai vinculada á web www.somosxentedepalabra.org.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios