Sábado. 24.08.2019
El tiempo

Nicanor Villar Martínez: Un mestre e ex-alcalde de Mazaricos asasinado en 1936

Nicanor Villar Martínez: Un mestre e ex-alcalde de Mazaricos asasinado en 1936
esta casa construída en Chacín por Nicanor Villar Martínez estivo instalada a vivenda do mestre e a escola desta parroquia. A parte lateral esquerda coa galería e a escaleira exterior é posterio esta casa construída en Chacín por Nicanor Villar Martínez estivo instalada a vivenda do mestre e a escola desta parroquia. A parte lateral esquerda coa galería e a escaleira exterior é posterio Coa DERRADEIRA LEICIÓN DO MESTRE Castelao quixo homenaxear a tódolos mestres asasinados polas novas autoridades golpistas Coa DERRADEIRA LEICIÓN DO MESTRE Castelao quixo homenaxear a tódolos mestres asasinados polas novas autoridades golpistas

Nestes días atópase en Galicia, procedente de Bos Aires, o cadro de Castelao A DERRADEIRA LEICIÓN DO MESTRE. Unha obra na que o artista, escritor e político nacionalista rianxeiro lle rende homenaxe a tódolos mestres que foron asasinados a partir do 18 de xullo de 1936 polas novas autoridades golpistas; por defender nas aulas e na política un sistema de goberno democrático.

Tomando como pretexto a exposición desta pintura na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), queremos lembrar a figura de NICANOR VILLAR MARTÍNEZ, un mestre natural de Redondela que exerceu durante uns oito anos o seu maxisterio na escola mixta da parroquia de Chacín (Mazaricos). Durante os anos que estivo no noso Concello foi nomeado alcalde de Mazaricos durante dúas pequenas tempadas, rematando a súa vida asasinado nunha cuneta de Caldas de Reis . Nas liñas que seguen, e despois de pescudar no arquivo municipal de Mazaricos e na prensa da época, imos deixar constancia dalgúns datos sobre a súa estadía en Mazaricos.

Antes de meternos en fonduras quixera deixar constancia de que a verdade absoluta é unha rara avis, e en termos de investigación histórica máis aínda. Todos actuamos ou escribimos dende as nosas circunstancias. Os resultados desta pequena pescuda de datos sobre a vida de Nicanor Villar están mediatizados polo enfoque particular e interesado, en maior ou menor grao, dos documentes utilizados; e polo punto de vista, nunca totalmente obxectivo, de quen a realiza.

Por informacións indirectas chegamos á conclusión de que Nicanor Villar Martínez naceu arredor do ano 1900 na vila de Redondela. Era fillo de Miguel Villar Sánchez e de Celia Martínez Pérez, os dous tamén de Redondela. Seu pai, segundo nos informan Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure no seu libro REDONDELA, CRÓNICA DUN TEMPO PASADO (Edicións do Castro 2002, páx. 128), era xastre e tiña o seu domicilio familiar no barrio de Vilavella.

Arredor de 1918 debeu casar con Ángela Amado Montes, veciña tamén da Vila dos Viadutos. Matrimonio do que nacerían cinco fillos: Ángela, Celia, Nicanor, Enrique e José.

Despois de rematados  os estudos de maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, e antes de aprobar as  correspondentes oposicións, xa exerceu  de mestre en varias escolas da súa provincia

En 1926 aproba as oposicións e na GACETA DE MADRID (Boletín Oficial) do 23 de xullo de 1927 é destinado á escola mixta da parroquia de Chacín no Concello de Mazaricos. Esta información tamén no la transmite EL PUEBLO GALLEGO do 15 de setembro do mesmo ano, indicándonos a maiores que os novos profesores cobrarán 3.000 pesetas anuais.

Sobre o labor de mestre nesta parroquia mazaricá recuperamos a testemuña que fai anos nos ofreceu Manuel Ruibal Casais (Muradán de Insua), hoxe falecido e que sendo rapaz foi alumno de D. Nicanor. Lembrábao coma un bo profesor moi preocupado, non só pola aprendizaxe do alumnado, senón tamén polo seu benestar material.

O feito de ser un home con estudos universitarios e con preocupacións sociais motivou, seguramente, que o 26 de decembro de 1930 fora nomeado alcalde de Mazaricos polo Gobernador Civil da provincia da Coruña. Primo de Rivera xa renunciara ao poder ditatorial e, dende xaneira de 1930, era o xeneral Dámaso Berenguer quen ostentaba o poder absoluto coa aquiescencia do rei Afonso XIII.

Neste breve período no que foi alcalde o noso biografiado, dende a mencionada data ata o 5 de xullo de 1931, as actas de pleno reflicten unha actividade gobernativa centrada no despacho de asuntos que podemos considerar ordinarios: aprobación do orzamento de gastos de 52.082,16 pesetas para o ano 31, coñecemento e cumprimento das disposicións emanadas dos boletíns oficiais, avaliación e concesión de licencias de obra, estudar e, segundo o caso, responder a algunhas solicitudes de venda de parcelas de titularidade municipal,…

Precisamente, con relación a este último apartado, o 14 de febreiro de 1931 será o propio alcalde o que solicite a venda dun “sobrante” do camiño que dende a Serra de Outes conduce á Ponteolveira, á altura do lugar de Chacín. Esta solicitude é atendida positivamente, estipulando que o beneficiario pague 30 pesetas ás arcas municipais.

Nesta parcela construirá unha casa que usará para vivenda familiar e escola. Nestes tempos eran os concellos os que tiñan que facilitar os locais necesarios para instalar as escolas. Mazaricos, agás unha para nenos e outra para nenas que formaban parte da propia casa consistorial, non contaba con locais en propiedade para satisfacer esta necesidade, e víase na obriga de alugalos a quen puidera facilitalos. Vén isto a conto porque a partir de que D. Nicanor rematou a mencionada construción, recibirá unhas 300 pesetas anuais en pago polo local da escola. Escola que seguirá ocupando esta construción ata os primeiros anos sesenta, aínda que polas pescudas que practicamos, os herdeiros de Nicanor Villar deberon vender esta propiedade despois da Guerra Civil. Como pode apreciarse pola imaxe que complementa este texto, é unha construción de dúas plantas bastante alongada. O lateral esquerdo coa galería é un engadido posterior.

O xeneral Berenguer sostívose no poder ata febreiro de 1931, data en que foi substituído por Juan Bautista Aznar, ao que non lle quedou máis remedio que retornar ao sistema parlamentario e convocar eleccións municipais para o 12 de abril dese ano.

Foi aquel un intre histórico de forte efervescencia ideolóxica no que moita xente, querendo ou sen querer, tivo que tomar postura política. A familia do noso protagonista non foi allea a esta situación. Seu pai, segundo nos informa o libro REDONDELA, CRÓNICA DUN TEMPO PASADO (páx. 218) , citado anteriormente, era militante do Partido Radical de Alejandro Lerroux (dereita moderada), e un tal Paulino Villar Martínez, que supomos irmán de Nicanor, formaba parte das Mocidades do Partido Galeguista. O mestre de Mazaricos debeu buscar acomodo nas filas da ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma), non temos certeza pero así no lo parece indicar a súa traxectoria posterior. En todo caso, baixo a cobertura destas siglas ou doutras, preséntase como candidato ás mencionadas eleccións obtendo unha das 15 actas de concelleiros existentes no Concello de Mazaricos. As actas municipais non nos informan da filiación ideolóxica dos edís, aínda que sabemos por algunhas noticias periodísticas que a maioría pertencía á Agrupación Socialista.  A nivel estatal a vitoria dos denominados partidos republicanos provocou a caída da monarquía e a proclamación da II República Española.

Os 15 concelleiros de Mazaricos elixen por votación ao novo alcalde o 5 de xullo de 1931, co seguinte resultado: Francisco del Río Rodríguez 9 votos, Ramón Agra Maceiras 4 votos, Celestino Pena 1 voto e Nicanor Villar Martínez outro voto. Con este tanteo é escollido alcalde Francisco del Río Rodríguez (Ríos de Lugarnovo). De tódolos xeitos Nicanor Villar non queda sen ocupación: noméano sindico. Esta figura fora creada, ou actualizada, na España da Ilustración para defender á xente do común fronte aos abusos da administración. Pero nun réxime constitucional onde os cargos públicos son escollidos por sufraxio, os cometidos do síndico, sen estar moi claros, encamiñábanse a velar que en tódalas accións municipais se cumprira coa lexislación vixente, contando co apoio e asesoramento do secretario.

Dous días despois o que fora escollido para alcalde, Francisco del Río Rodríguez, seguramente abafado pola responsabilidade, presenta a súa dimisión como alcalde, aínda que segue conservando a súa acta de concelleiro. Agora será en Ramón Agra Maceiras (Casaca de Castro) en quen depositen os edís mazaricáns a presidencia da corporación.

Todo parece indicar que o obxectivo do noso protagonista era conseguir a alcaldía, descartada esta posibilidade, o 12 dese mesmo mes de xuño presenta a renuncia á acta de concelleiro por serlle incompatible cun axeitado desenvolvemento da súa profesión docente e “agradeciendo a todos el interés demostrado para elegirme y deseando a esa Corporación de su digna presidencia los mayores éxitos durante su actuación”. A corporación “sintiendo la separación de tan buen compañero que desplegó la mayor actividad en beneficio del municipio, acuerda admitirle la renuncia que presenta, de la cual se dará conocimiento al Exmo Señor Gobernador Civil  de la provincia para que se digne acordar lo que proceda con relación a la vacante”. 

Seguramente sería neste intre, abandonada a alcaldía primeiro e a concellaría despois, cando se centre na construción da casa-escola da que falamos anteriormente.

En agosto dese ano 31 visita a súa vila natal como no lo indica EL PUEBLO GALLEGO do 22 de agosto: “Se encuentra en esta villa Nicanor Villar Martínez, culto maestro nacional”.

Un dos grandes protagonistas galegos da II República foi o avogado coruñés Santiago Casares Quiroga, fundador da ORGA, que posteriormente se transformará en “Izquierda Repúblicana”. No primeiro trienio da República foi ministro da Gobernación, coa función, entre outras, de nomear os gobernadores civís de cada provincia. Un cargo con moitísimo poder e con inxerencias continuas no funcionamento dos diferentes concellos da súa circunscrición. Inxerencias que ata foron denunciadas polo mesmísimo Castelao nun discurso parlamentario onde, entre outros, citaba o caso que seguidamente comentamos.

Foi precisamente un delegado do Gobernador Civil da Coruña, quen o 9 de febreiro de 1933, baseándose en supostas irregularidades no desenvolvemento das súas funcións, suspende a tódolos membros da Corporación mazaricá escollidos por votación popular, e nomea unha nova presidida por Nicanor Villar Martínez.

En relación a estes feitos transcribimos na súa totalidade un artigo publicado en LA VOZ DE GALICIA o 18 de febreiro de 1933:

AYUNTAMIENTO SUSTITUÍDO

Una comisión en La Coruña

Recorte de LA VOZ DE GALICIA (18/02/1933) informando da substitución da corporación elixida polo pobo por outra nomeada polo Gobernador Civil e presidida por Nicanor Villar Martínez-Archivo hemerográfico de La Voz de Galicia Recorte de LA VOZ DE GALICIA (18/02/1933) informando da substitución da corporación elixida polo pobo por outra nomeada polo Gobernador Civil e presidida por Nicanor Villar Martínez-Archivo hemerográfico de La Voz de Galicia

Estuvo ayer en La Coruña una numerosa comisión del distrito municipal de Mazaricos.La formaban un centenar de vecinos y venía presidida por el diputado provincial don Isidro García, el alcalde don Nicanor Villar, el médico don Genaro Rodríguez y el secretario del Juzgado don Miguel Otero.

El objeto del viaje era visitar al gobernador civil para darle las gracias por la sustitución del Ayuntamiento que, presidido por el alcalde don Ramón Agra, venía funcionando allí desde el año 1924, y cuyos miembros ahora se titulaban socialistas.

Una delegación gubernativa estuvo en Mazaricos, investigando la labor realizada por

aquel  Concejo y, comprobadas las irregularidades y anormalidades de la gestión municipal, propuso al Gobierno civil la sustitución del Ayuntamiento en su totalidad.

Fueron, pues, designados los nuevos ediles, que son vecinos entusiastas y sinceros republicanos, quienes, con el nuevo alcalde, don 'Nicanor Villar, al frente, procurarán subsanar los errores cometidos y rectificar las deficiencias advertidas en la administración municipal.

La comisión vino a expresarnos lo complacida que había salido de su visita al gobernador, por su amable acogida, y la satisfacción que sienten los vecinos de Mazaricos por la re-“ (texto incompleto no artigo orixinal)”.

Neste segundo, e tamén curto mandato do noso biografiado, as súas accións, como na andaina anterior, movéronse dentro do funcionamento ordinario dun ente municipal: permisos, licencias, orzamentos,…

Aínda que desta vez as actas municipais tamén deixan constancia do esforzo por investigar e enumerar tódalas supostas irregularidades da corporación anterior: falsidade en diferentes documentos públicos, contratacións ilegais ou improcedentes, gastos non xustificados,…

Nicanor Villar era mestre e este feito tiña que reflectirse na súa acción de goberno. Neste sentido temos que destacar o traslado e inauguración da escola da parroquia de Beba a un novo local que

ofrecía as mellores condicións para a finalidade á que estaba destinado. Novamente transcribimos integramente un artigo de LA VOZ DE GALICIA do 23 de maio de 1933, enchoupado dun espírito progresista, civilizador e democrático que nos fai lembrar pasaxes e escenas do relato de Manuel Rivas A LINGUA DAS BOLBORETAS e da longametraxe do mesmo título realizada por José Luís Cuerda.

Así no lo conta o correspondente do mencionalo xornal:

“INAUGURACIÓN DE UNA ESCUELA"

Recorte de LA VOZ DE GALICIA (23/05/1933) informando da inauguración da Escola de Beba, onde houbo discursos, poemas e unha abondosa comida para máis de persoas Recorte de LA VOZ DE GALICIA (23/05/1933) informando da inauguración da Escola de Beba, onde houbo discursos, poemas e unha abondosa comida para máis de persoas-Archivo hemerográfico de La Voz de Galicia

Con gran esplendor se ha celebrado hoy, domingo, 21 del actual, un acto de los más simpáticos que se recuerdan en este municipio.

Con una concurrencia que recordaba los grandes días de fiesta se ha celebrado en la parroquia de Beba el acto inaugural del nuevo local-escuela de aquella parroquia, al que concurrieron todos los señores maestros del término municipal, el alcalde del Ayuntamiento con el secretario de la Corporación, varios concejales y Io oficiales de secretaria, los jueces, propietario y suplente del término y el secretario del Juzgado, además de los niños que componen e1 censo escolar de la parroquia en número superior a un centenar y una nutrida  muchedumbre, amablemente invitados

todos por el celoso alcalde don Nicanor Villar y el culto presidente del Consejo local don José Ariza, maestro nacional de la capital.

Al final del acto se celebró un banquete  esplédidamente servido por el “B. La Montañesa",

de unos cincuenta cubiertos, en el salón de clases del nuevo local de clases  lujosamente adornado con toda clase de flores naturales combinadas de tal modo que hacían resaltar en todo el contorno de los tres colores de la bandera nacional, formando un precioso marco a la alegoría de la República que se halla colocada en la cabecera del local.

A los brindis pronunció un elocuente discurso el cultísimo maestro nacional de Outeiro (Carnota) don Miguel Iglesias del Río (Laranxo de Arcos), que concurrió al acto en representación de los compañeros de aquel distrito, asociándose al acto y haciendo resaltar con bellas frases que emocionaron al auditorio, la importancia de estos actos sin precedente en este municipio, agradeciendo la asistencia al mismo

de las autoridades y de los padres de familia, excitando a aquéllas y a éstos a prestar la debida asistencia a la escuela y al maestro para que su obra sea más fructífera.

Al final de su discurso leyó a los niños una poesía del ilustre repúblico Ruiz Zorrilla, que aplaudieron con entusiasmo, y recomendó a los mismos su asistencia normal a la escuela para que, cuando hombres, laboren  como buenos ciudadanos por el engrandecimiento de Mazaricos. Terminó levantando la copa por la escuela, el niño y el maestro y con vivas a la República y a Mazaricos,  que fueron contestados con entusiasmo por el enorme gentío que se apiñaba en el local y sus afueras.

Hablaron también con no menos elocuencia el presidente del Consejo local don José Ariza, cerrando los discursos el alcalde don Nicanor Villar, también maestro nacional, que con frases galantes agradeció al os concurrentes el que hubieran atendido sus ruegos para que dieran realce debido a estos actos culturales que estimulan la ciudadanía de los pueblos, y el culto maestro de Beba, don Juan Andrés Molino Blas, rogando a los padres y a las autoridades locales que con su ejemplo estimulen la asistencia de todos a la escuela, que es hoy la verdadera casa del pueblo y en lo sucesivo el centro recreativo y cultural del niño, del joven, del viejo, del pobre y del rico, ya que la escuela no reconoce castas no cierra sus puertas a nadie.

Aunque el acto tuvo carácter marcadamente cultural, se puso de manifiesto que el pueblo consciente de Mazaricos se halla identificado con sus actuales autoridades municipales y exterioriza en todo momento su agradecimiento al ministro de la Gobernación señor Casares Quiroga que, dándose cuenta de las grandes inmoralidades de una Corporación dictatorial, supo con su característica rectitud al frente de su ministerio, librar a este pueblo del caciquil y tiránico yugo de la esclavitud que le aprisionaba.

Después del acto relatado, la gente joven que ha concurrido al mismo, organizó un animado baile que se ha prolongado hasta altas horas de la noche.

Actos como este demuestran que este pueblo víctima de la tiranía de un indocumentado que legó la dictadura, despierta del letargo en que vivía para incorporarse a la corriente de cultura y ciudadanía con que el nuevo régimen ha invadido a España entera. Corresponsal”.

O agradecemento dos veciños de Mazaricos do que nos falaba o primeiro artigo que transcribimos, debía estar moi lonxe de ser unánime. Doutra maneira non se entende que unha multitude de persoas descontentas coa xestión municipal tomaran por asalto  e fecharan a Casa Consistorial o 24 de maio de 1933, facendo fuxir aos empregados e esixindo a reposición da corporación anterior elixida pola veciñanza. Os manifestantes non se dispersaron a pesar da intervención da Garda Civil, aguantando varios días esta situación de protesta. LA VOZ DE GALICIA danos outra vez conta deste asunto o 30 de maio do ano citado:

“Remitido de Mazaricos"

Recorte de LA VOZ DE GALICIA (30/05/1933) informando da revolta producida en Mazaricos esixindo o cese da corporación nomeada polo Gobernador Civil e o retorno da elixida por votación popular Recorte de LA VOZ DE GALICIA (30/05/1933) informando da revolta producida en Mazaricos esixindo o cese da corporación nomeada polo Gobernador Civil e o retorno da elixida por votación popular

Al grito de abajo los caciques se ha reunido una mayoría de los vecinos de este sufrido Ayuntamiento en unión de las sociedades, hartos unos y otros de aguantar los manejos de ciertos individuos que bajo el título de salvadores quieren tenernos oprimidos, perjudicando muchos intereses al tener que abandonar nuestros trabajos.

Por esto, el día 24 del corriente se personó en el Ayuntamiento una nutrida comisión de todas las parroquias de este distrito municipal solicitando les fuese enseñado el proyecto de presupuesto confeccionado por la Comisión de hacienda, ya que desde el día 12 y durante el plazo de quince días, está dicho documento expuesto al público según consta en el “Boletín Oficial” de esta provincia del día 11 del actual. En dicho momento se encontraba ausente el secretario del Ayuntamiento, y los oficiales de Secretaría al pedirles el presupuesto para examinarlo, contestaron que dicho documento no estaba expuesto y que no era cierto que eso se anunciara en el “Boletín Oficial”, ya que los que lo leyeron no supieron lo que leían, todo esto completamente falso pues las personas como sociedades que lo reciben saben leer y son personas dignísimas bajo todos los conceptos.

Dichos oficiales, presa de un miedo sin fundamento, se arrojaron por una ventana del Ayuntamiento abandonando en poder del pueblo, cerrando este el Ayuntamiento con el fin de que el Excmo. Sr. Gobernador Civil de la provincia intervenga en este asunto que tanto perjudica a un pueblo humilde y que restituya a sus cargos a la Corporación elegida por sufragio unánime y cese la actual gubernativa que no cuenta con la confianza del pueblo y se halla mal constituido.

Inmediatamente de ocurrido esto se presentó a las puertas de la Consistorial el cabo comandante de la Guardia Civil de Outes con fuerza a sus órdenes, procediendo a tomar declaración a varios vecinos y dejando la Casa Ayuntamiento al cuidado del pueblo, siendo respetado el edificio por todo el vecindario.

Al siguiente día volvió a presentarse dicho cabo en compañía del alcalde y más fuerza de la Guardia Civil a sus órdenes intentando forzar las puertas del Ayuntamiento, a lo que el pueblo en masa se opuso, respetuoso pero enérgico, pidiendo la presencia del gobernador o de un delegado de la autoridad, retirándose acto seguido la fuerza de la Guardia civil entre aplausos de la multitud.

Al amanecer del día 26 se presento el teniente de la Guardia civil de Padrón con catorce números y el alcalde. Dicho teniente conferenció con una comisión integrada por cuatro vecinos que fueron nombrados en aquel momento por el pueblo, exponiéndole con el mayor detalle las causas de este estado de cosas.

Este oficial, con muy buen acuerdo, ordenó a la fuerza a sus órdenes que se retirara con el fin de conferenciar con el gobernador para que esta autoridad acordara lo que creyera justo.

El vecindario y las sociedades de este distrito piden al excelentísimo señor ministro de la Gobernación y al señor gobernador civil se interesen por arreglar este conflicto para que puedan verse libres del yugo que se les impuso al suspender la Corporación que el pueblo eligió y reemplazarla por otra gubernativa compuesta toda ella de elementos que se hallan en contacto con ciertos elementos de este municipio para boicotear la República, como se puede comprobar.

No terminan sin hacer constar su gratitud al oficial, clases e individuos del benemérito instituto que intervinieron en este conflicto, que con su correcto e imparcial comportamiento lograron calmar los ánimos de los que con justicia protestaban, siendo despedidos con calurosos aplausos.

De las autoridades esperamos se resuelva este conflicto. Antonio París Méndez.”

Nesta guerra entre tirios e troianos non imos entrar en cal deles era máis progresista ou máis republicano. O que parece estar claro é que o bando encabezado por Ramón Agra Maceiras estaba máis integrado na estrutura social e nas redes “clientelares” de Mazaricos, e polo tanta tiñan maior poder de convocatoria. Polo outro lado, os de Nicanor Villar, quizais tiveran unha maior pureza ideolóxica e máis formación e capacidade para levar a cabo unha boa xestión, pero, todo parece indicar que se rodearon dalgunha xente moi impopular por actuacións anteriores e, ademais, cometeron o grave erro de facerse coa alcaldía dunha maneira totalmente improcedente.

Diante desta situación no pleno do 16 de agosto de 1933, coa presenza de Germán Vidal Barreiro, delegado do Gobernador Civil, transmítese unha resolución do Ministro da Gobernación na “que ordena reponer en sus cargos a los cocejales suspendidos”. É dicir, aos elixidos por sufraxio nas eleccións de 1931.  Así remata a segunda estadía de Nicanor Villar Martínez na alcaldía de Mazaricos.

Ramón Agra Maceiras ostentará a alcaldía ata o 12 de xaneiro de 1934, data na que presentará a dimisión ao negarlle o resto dos edís o pago de 240 pesetas por unha ou varias viaxes Á Coruña sen o coñecemento da corporación. Despois desta renuncia será Perfecto Sande Martínez (Braña de Cabanude) o que asuma a alcaldía ata o Alzamento de xullo do 36.

Pero volvamos ao noso biografiado. Despois de abandonada a alcaldía de Mazaricos continuou participando en política, pero agora a un nivel moito máis elevado. EL CORREO GALLEGO do 14 de novembro de 1933 danos cadra de que no Palacio de Xustiza da Coruña “se verificó ayer domingo el acto de proclamación de candidatos para las elecciones a diputados a Cortes del domingo próximo”. Entre eses candidatos figura Nicanor Villar. O libro varias veces citado, REDONDELA, CRÓNICA DUN TEMPO PASADO (páx. 128) pasado,  infórmanos de que Nicanor era amigo persoal de Santiago Casares Quiroga. Esta amizade e a proximidade aos gobernadores civís da Coruña nomeados polo avogado coruñés, lévanos a pensar que militaba na ORGA, o partido de Casares. Supomos que sería por este partido polo que se presenta a deputado nas eleccións do 19 de novembro de 1933. En calquera caso, non logrou o desexado escano no Parlamento de Madrid.

Dende esa data non volvemos ter noticias de Nicanor Villar ata o 5 de abril de 1935.  Nese día infórmanos La Voz de Galicia de que unha comisión do Concello de Mazaricos presidida polo alcalde Perfecto Sande Martínez, e integrada por distintos representantes das forzas vivas do municipio, entre eles o mestre de Chacín, reunírase co presidente da Deputación da Coruña para solicitarlle o arraxo do camiño de Serra de Outes á Ponteolveira. A presenza de Nicanor indícanos que, dalgún xeito, seguía colaborando coas instancias municipais en todo o que puidera supor un progreso para o Concello.

Pouco tempo lle quedaba de estadía en Mazaricos. En xullo de 1935 anúnciase un concurso de traslados na “Primera Enseñanza” no que o noso protagonista solicita a escola nº 2 da Guarda. A resolución será publicada na Gaceta do 26 de novembro de 1935, confirmando o traslado solicitado. Non sabemos se este cambio era inmediato ou había que esperar ao seguinte curso académico.

Fora como fora, a súa presenza na Guarda debeu ser de pouca duración. Despois da vitoria da Fronte Popular nas eleccións a Cortes de febreiro de 1936, e do nomeamento de Casares Quiroga como Presidente do Consello de Ministros, Nicanor Villar queda agrgado ao “Colegio Nacional de Sordo Mudos de Madrid”. Así no lo indica EL PUEBLO GALLEGO do 17 de marzo de 1936:

“Hemos tenido el gusto de saludar en esta villa (refírese a Redondela), procedente de Madrid y La Coruña al distinguido redondelano Nicanor Villar Martínez maestro nacional y profesor y bibliotecario del Colegio de Sordo Mudos de Madrid, el cual viene a descansar unos días al lado de sus familiares. Mucho celebramos que este culto profesor y buen amigo haya sido designado para el cargo que ahora va a ocupar, para el que le sobran méritos profesionales”.

LA VOZ DE GALICIA do 8 de maio de 1936 informa da saída para Madrid de varios deputados e tamén do mestre don Nicanor Villar Martínez.

Non sabemos o tempo que botou na capital de España, pero en todo caso, cando a mediados de xullo se produce o Alzamento militar estaba de volta na súa vila natal. Alí será apresado e encerrado no cárcere de Redondela polo único delito de ser amigo persoal de Casares Quiroga. Nunha data imprecisa daqueles días posteriores ao golpe militar, será sacado da cadea para levalo a Caldas de Reis: o fatídico “paseo”.

Un grupo de redondeláns montara un servizo de espreita no que participaban empregados/as da oficina de teléfonos de Redondela coa misión de transmitir toda a información que sobre os presos puidera ser de interese. Así no lo din  Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure (REDONDELA, CRÓNICA DUN TEMPO PASADO páx. 128), a quen lle cedemos a palabra:

“o pequeno e solidario servicio de información montado desde a oficina de teléfonos, participado por “seña Carme de Estrella”, consegue dar recado á familia, que inmediatamente se despraza detrás do coche “pantasma” de quenda. Desgraciadamente, os poucos minutos de demora foron suficientes para que, cando dan con eles, xa se cometera o crime” de Nicanor Villar nunha cuneta dos arredores de Caldas de Reis.

O seu asasinato deixaba unha viúva e cinco orfos en moi malas condicións. Neste sentido a viúva “Doña Ángela Amado ha presentado en la Sección expediente solicitando se le conceda la pensión correspondiente como viúda de don Nicanor Villar Martínez, maestro que fue de la Guardia” (El NOTICIARIO GALLEGO do 18 de febreiro de 1938).         

O 25 do mesmo mes dende o mesmo periódico, infórmannos que “La Sección ha remitido a la Junta Provincial de Protección de Huerfanos del Magisterio, certificaciones referentes a la situación profesional en que se hallaban a su fallecimiento los maestros don Nicanor Villar,, don José Luces y doña María del Amparo Fernández”.

Non sabemos se estas solicitudes foron atendidas e se lle concederon á viúva e aos orfos  unha pensión que aliviara a irreparable perda.

Nicanor Villar Martínez foi un de outros moitos mestres reprimidos e asasinados co estoupido da Guerra Civil, por intentar cós seus alumnos adquiriran un pensamento crítico que lle axudara a comprender mellor o mundo e a sociedade na que vivían. Como D. Nicanor, moitos participaron en política con máis ou menos acerto, pero case sempre coa intención de mellorar as condicións de vida dos seus semellantes. A súa entrega e a súa morte foi un exemplo para os seus alumnos e para as xeracións vindeiras. Así o reflectiu Castelao no cadro antes comentado, no que aparecen dous nenos contemplando ao seu mestre asasinado sobre unha incipiente poza de sangue por defender e transmitir un desexo de liberdade e igualdade para todos.   

    

  • Suso Jurjo, técnico de Cultura do Concello de Mazaricos.
 

Outros artigos de Suso Jurjo

https://quepasanacosta.gal/o-cabo-vilan-nun-gravado-de-1896/ “O cego de Mazaricos e a súa zanfona” — Que pasa na costa

Comentarios