Mércores. 13.11.2019
El tiempo

O Concello de Mazaricos recolle os refugallos plásticos agrícolas

O Concello de Mazaricos recolle os refugallos plásticos agrícolas
MZ Lixo O Concello de Mazaricos recolleu 15.000 kg de plásticos agrícolas na primeira ruta

Se es gandeiros de Mazaricos, xa non terás que levar ao punto limpo todos as lonas de silo, os sacos de plástico dos rolos… Xa non terás que queimalos porque ás veces, xa se sabe que “cada un fai o que pode”.

Dende xa, o Concello de Mazaricos vén de abrir unha boa iniciativa medioambiental, e gratuita, a través da cal o Concello recolle todos os refugallos plásticos derivados da práctica gandeira. O gandeiro só terá que chamar ao Concello (981 867 104), deixalos plásticos preto de onde poida parar o camión, e este virá buscalos.

Esta semana realizaba a primeira ruta o camión dos plásticos, e recollía nada menos que 15.000 quilos de plásticos agrícolas.

”É unha boa iniciativa medioambiental, máis que nada por manter limpo o entorno, que se non sempre aparecen plástico por aí”, valora Esteban Pereiro dende o Concello. “Está tendo moi boa aceptación”, recoñece e apunta que no vindeiro pleno se levarán a consulta varias medidas na mesma liña.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios