Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Moncho mazaricán, máximo candidato costeiro aos Mestre Mateo

O Moncho mazaricán, máximo candidato costeiro aos Mestre Mateo
Federicos Perez Rey en Era Visto Federicos Perez Rey en Era Visto Non teremos representación os María Casares do teatro. Pero en materia audiovisual, si que estaremos ben representados nos #MestreMateo. Xa sabemos os Noemados da XVI edición dos Premios Mestre Mateo, e entre eles hai varias alusións a Costa da Morte. A nomeación máis importante é a de Federico Pérez á Mellor Interpretación masculina protagonista, polos capítulos 125-153 da xa mítica Era Visto. Federico xa foi nomeado en tres ocasións (2011, 201 e 2013) polo mesmo papel, e a serie xa ten 3 galardóns. Veremos se chega o 4º, pois o Josito mazaricán xa é un habitual de cada casa galega, e merece un bo premio xa! O propio porgrama tamén competirá pola Mellor Serie TV con outra obra con participación costeira, Hospital Real, na que participou a pequena Ana Oca na súa estrea como actriz.

Máis nominacións “costeiras”

Teremos parte tamén na nominación do filme Lobos Sucios á Mellor Longametraxe, pois boa parte foi filmada nas minas de Barilongo de Santa Comba, e na que Ricardo de Barreiro e Marian Álvarez pelexarán polos premios á Mellor Interpretación Masculina e Feminina. [fbvideo link="https://www.facebook.com/LobosSucios/videos/1327697173922895/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]   Un pouco noso tamén podemos considerar o nomeado documental “Torre de Breoghán”, de Luar na Lubre. Tamén teremos sabor salgado entre os candidatos a mellor Programa TV, coa presencia de Náufragos, do que Xosé Henrique Rivadulla Corcón é guionista. O hercu-muxián volverá o ano que vén coa nova aventura ”Ribeiras de Salitre”, que xa fixo parada en Laxe, para coñecer ao  "Panchito", e que tamén pararán en Fisterra co "Bonito", "Laberco", "Begoña" e o naufraxio de Agustín Traba na lancha "María"; por Malpica arredor do "Nuevo Luz", e por Muros con "Cizurquil". Os gañadores daranse a coñecer na gala que terá lugar no Pazo da Ópera da Coruña o próximo 23 de abril. Mágoa que alí non veremos a todos os costeiros que presentaron as súas obras. Non imos ver ver ao esteirán Víctor Fábregas, ao carnotán Miguel de Lira, ao ceense Artur Trillo, á corcubionesa Marta Doviro, o hercu-muxián Xosé H. Rivadulla Corcubión, ao cormelán Víctor Mosqueira e ao malpicán Santi Romay de Casa Manola, na que tamén vai Isabel Blanco pola Interpretación Feminina Protagonista.

Os favoritos

O filme “O Descoñecido” ten 15 nominacións, por 14 de Lobos Sucios, e os 11 de Hospital Real.

Novas relacionadas

Máis novas audiovisuaus

Fonte

Comentarios