Venres. 18.10.2019
El tiempo

Os eucaliptos si valen para os adornos de Nadal

Os eucaliptos si valen para os adornos de Nadal

Interesante a proposta de Mazaricos de cara a este Nadal. O Concello convoca un concurso a través dunha campaña que ten como un dos obxectivos protexer as árbores autóctonas, Así, o único requisito do concurso de escaparatismo e fachadas é que os adornos estean elaborados con eucaliptos.

Baixo o cancelo #ArrincaUnEucalipto, particulares e negocios deben enviar as súas fotos ao 628 899 761 co seu nome debidamente sinalado.

O xurado estará composto por representantes das asociacións Eu Son Mazaricos, Asociación Cultural de Antes, Asociación Amas de Casa de Mazaricos-El Hórreo, Gandeiros de Mazaricos e o propio Concello. O premio serán 250€ para gastar nun establecemento de Mazaricos. O alcalde, Juan José Blanco Riveiro afirma que “pretendemos fomentar que as persoas non es- traguen a flora autóctona neste Nadal, tan necesaria para o correcto desenvolve- mento do noso ecosistema”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios