sábado. 15.02.2025
El tiempo

A Plataforma Vendaval subirá ao Alto da Ruña polo Día Internacional da Enerxía Limpa

  • Última hora: Evento suspendido polo temporal.
Plataforma Vendaval contra expolio eolico
A Plataforma Vendaval subirá ao Alto da Ruña polo Día Internacional da Enerxía Limpa

A Plataforma Vendaval Costa da Morte celebrará o 26 de xaneiro, o Día Internacional da Enerxía Limpa, cunha andaina ao Castelo de Brandufe. Súmase así aos numerosos actos que a Coordinadora Eólica "Así, non!" organiza en todo o país.

A cita sairá do Alto da Ruña ás 12:00h e visitará as ruinas do Castelo de Bradufe.

A entidade expllica os motivos da andaina: “A nosa asociación ten como obxectivo informar a nosa veciñanza de que a Costa da Morte corre un grave perigo xa que desde hai uns anos están destruíndo os nosos recursos. Parques eólicos, balsas, subestacións enormes...están facendo desaparecer as nosas paisajes e, agora tamén, elementos básicos como a Auga que consumimos, tal e como vemos nos proxectos que queren instaurar na Ruña, en Mazaricos”.

Desde Vendaval, fan un chamamento para que “participe canta máis xente mellor e mandemos así unha mensaxe á nosa clase política de que é necesario un novo modelo eólico”.

Comentarios