sábado. 07.12.2024
El tiempo

Vendaval e Salvemos a Ruña organizaron unha xornada informativa sobre a estación de bombeo

A Runa e nosa xornada formativa
Vendaval e Salvemos a Ruña organizaron unha xornada informativa sobre a estación de bombeo

A asociación Vendaval Costa da Morte e Salvemos a Ruña organizaron este pasado domingo unha xornada de defensa do territorio enfocado á informar á veciñanza sobre a estación bombeo no Monte da Ruña. Varios especialistas explicaron á xente de Mazaricos e do resto da comarca as consecuencias de instalar unha balsa, nunha xornada técnica que se completou cunha visita á zona do glaciar.

Entre os asistentes, atopábase a abogada e activista do Paraná (Brasil), Adriele Précoms que fixo partícipes das experiencias dos indíxenas contra o roubo de recursos na Amazonia, incluso coa perda de vidas humanas. Albando o noso traballo e animándonos a seguir loitando mentras hai tempo.

Asistentes a xornada informativa sobre a Runa na Casa da Cultura da Picota

Abriu a sesión formativa na Casa da Cultura da Picota Juan Ramón Vidal Romaní. O catedrático Emérito de Xeoloxía da Universidade da Coruña centrou a súa conversa na importancia de conservar o Monte da Ruña polo seu valor como glaciar rochoso, e a riqueza patrimonial deste espazo único, entre outros.

Carmen Varela, da Asociación de veciños do Outeiro de Sanmamede do Monte (A Baña), falou das consecuencias negativas que teñen os polígonos eólicos. E narrou en primeira persoa a súa vivenza, confirmando que a unión fai a forza e que uníndose toda a veciñanza da Baña conseguiron parar cautelarmente todos polígonos proxectados e evitar que todas as parroquias quedasen dentro das poligonais.

Tonio Nogueira, Técnico ambiental e activista e integrante de Eólicas así Non, centrou a súa conferencia no espolio que se estaba, dando datos da realidade da excesiva explotación que o noso País está a sufrir.

Xoán Castro, enxeñeiro agrónomo e activista de Ulloa Viva, informou sobre o rexeitamento ao proxecto de ALTRI. Os estudos feitos para demostrar o dano que isto podería causar no contorno, nas especies e na veciñanza.

Carmen Varela Tonio Nogueira Vidal Romani e Xoan Castro nas xornadas da Runa
Carmen Varela, Tonio Nogueira, Vidal Romaní e Xoan Castro nas xornadas da Ruña

 

Tras as conferencias, algúns dos asistentes organizaron un xantar para comentar os temas tratados e, finalmente, subiron ao monte da Ruña onde puideron comprobar a desfeita que se está a levar a cabo coa construción do polígono Ruña II. Con certeza, a paisaxe do monte Pindo xa non volverá a ser a mesma.

Subida ao Monte da Runa con Vendaval

Máis novas sobre o proxecto

Comentarios