Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Preto de 200 persoas disfrutaron da xornada de portas abertas de Naturmaz

Xornadas de Portas Abertas no Aereodromo en Naturmaz
Preto de 200 persoas disfrutaron da xornada de portas abertas de Naturmaz

Coñecer de preto un aeródromo non se fai todos os días. Por iso, a cita á que invitaba Naturmaz este pasado sábado foi ben recibida e aproveitada por máis de 200 persoas, que puideron abraiarse coa maxia da aviación deportiva. Interesados en xeral, profesionais e veteranos do mundo da aviación xuntáronse nas instalacións situadas á beira do encoro da Fervenza en Mazaricos, para ver as aeronaves que chegaron pola aire da Escola de Pilotos Aeroflota del Noroeste, o Aeroclub de Santiago, o Aeroclub da Coruña, Aero Lemos, o Club de voo de Cambre, Pilotos cerval, e o Aeródromo de Caldas Campañó.

Aeroporto de Naturmaz Mazaricos

Os participantes disfrutaron dunha actuación musical e xantar. Ademais, tiveron a ocasión de coñecer o complexto Air Fervenza, o primeiro complexo de aloxamento de alto standing de temática aeronáutica na península ibérica que abrirá as súas portas nas vindeiras semanas.

Concerto en Naturmaz

Comentarios