Venres. 26.04.2024
El tiempo

Protección Civil de Mazaricos conta dende esta semana cun dron

Dron de Proteccion Civil de Mazaricos
Protección Civil de Mazaricos conta dende esta semana cun dron

Está sendo ben coidada a Agrupación Local de Mazaricos estas semanas. O outro día aprobábase a construción dun novo edificio anexo ao que xa teñen ao carón do pavillón da Picota. E esta anuncian que xa contan cun dron.

Con este enxeño poderá levar a cabo de forma máis efectiva tarefas como a vixilancia contra os incendios ou a procura de persoas desaparecidas (xonta con cámara térmica). 

O presidente da agrupación de Protección Civil de Mazaricos, Benito Martínez, explica que o dron conta cunha autonomía de voo de media hora e pode afastarse ata oito quilómetros da persoa que o dirixe. Pode obter fotografías térmicas radiométricas e conta cun visor óptico de 48 megapíxeles que lle proporciona ata 32 aumentos de zoom dixital. Ademais, conta cun moderno sistema de detección de obstáculos en tódalas direccións.

Outra das características deste aparello é que pode adaptárselle unha baliza para voos nocturnos e un altofalante co que transmitir ordes dende o operador. Benito Martínez declara que esta capacidade faino “especialmente útil en situacións de emerxencia que requiren cubrir moito terreo en pouco tempo”. 
 


 

Comentarios