Rematadas as obras de roza, a Igrexa de Santa Baia está lista para as obras do POS
10:01 21/02/22
Unha vez que o POS ten unha partida aprobada de 30.000€ para a posta en valor e consolidación do templo de Santa Baia, tocaba primeiro facer unha completa limpeza da maleza da contorna e do interior.
Xa está a igrexa barroca, lista tralos intensos traballos de roza, que eliminaron anos e anos de esquecemento nos que a maleza invadíu o templo.
O seguinte paso para frear o deterioro e facer visitable o espazo, será acometer esas obras coa partida do POS que comprenderán a desmontaxe dos restos da cobertura e a demolición dos entramados de cuberta con risco de colapso. Retiraranse entullos e procederase a apontoar as estruturas, ademais doutras intervencións puntuais orientadas a posibilitar un uso recreativo e seguro do recinto.