Domingo. 15.12.2019
El tiempo

Semana Gandeira de Mazaricos: “Se non somos gandeiros, non somos nada”

Marcos Costoya, de Africor; o presidente da Asociación de Gandeiros, Óscar Blanco; o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro; e o presidente de Africor, Manuel Antelo,  presentaron a edición 2019 da semana grande en Mazaricos: a Semana Gandeira.
Marcos Costoya, de Africor; o presidente da Asociación de Gandeiros, Óscar Blanco; o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro; e o presidente de Africor, Manuel Antelo, presentaron a edición 2019 da semana grande en Mazaricos: a Semana Gandeira.
Semana Gandeira de Mazaricos: “Se non somos gandeiros, non somos nada”

É unha das grandes citas do sector gandeiro galego, e, dende logo, a gran festa do pobo de Mazaricos. "Se non somos gandeiros, non somos nada”, daba conta o alcalde Juan Blanco, explicando os motivos evidentes do compromiso municipal co sector. Xa está en marcha a Semana Gandeira de Mazaricos 2019, despois da presentación oficial deste venres no paso de vacas instalado ás portas do Concello.

Unha Semana na que se combinan xornadas técnicas de formación para profesionais, a famosa Poxa de Xovencas, con actvidades diversas para as familias. Por exemplo, o "obradoiro de elaboración de produtos lácteos de balde con Lidia Ferreras do Laboratorio Lácteo Gallego”, como explicou o rexedor mazaricán, que agradeceu a “implicación” dos hostaleiros que ofrecerán unha ruta de tapas o venres 29 e o sábado 30 baseadas en produtos lácteos e cárnicos.
A Ruta Gastronómica é outra das accións. As persoas participantes deben selar en, polo menos, 3 locais de 3 parroquias para entrar no sorteo de 2 cheques de 50€ para gastar nos locais da vila.

Tamén haberá obradoiros de estampado de roupa, trenzado de palla, touro mecánico, degustación gratuita de Bico de Xeado e merenda”.

Xornadas técnicas

Presentacion da Semana Gandeira de Mazaricos 2019 2

O presidente da Asociación de Gandeiros, Óscar Blanco focalizou nas xornadas técnicas que se desenvolverán o sábado de dez e media da mañá a dúas e media da tarde na Casa da Cultura, “pivotan sobre temas de total actualidade”. “Desde a Asociación de Gandeiros organizamos catro charlas: a primeira tratará sobre as novidades no programa de selección da Raza Frisona e estará a cargo de José Antonio Jiménez Montero, doutor enxeñeiro Agrónomo, xefe do departamento técnico de CONAFE”.
Tras iso as e os gandeiros coñecerán a aposta de Abanca pola sustentabilidade do sector con Jesús Combarro Pereira, Director Banca Agro de Abanca. Blanco resaltou que na parada de media mañá haberá “unha mesa de degustación de produtos lácteos da Casa Grande de Xanceda á que se pode sumar toda a veciñanza”.
A terceira charla é, para Blanco, moi importante porque “unha das cuestións de fututo para as granxas van ser os aforros enerxéticos e esta charla versará sobre a enerxía fotovoltaica nas granxas a cargo dos compañeiros de Nortesla”. A derradeira charla será sobre a mellora de eficiencia no uso do xurro como fertilizante e impartiraa Juan Castro Insua, enxeñeiro agrónomo do CIAM.

O último en intervir foi Manuel Antelo, de Africor que felicitou á Asociación de Gandeiros por traer  “unhas xornadas técnicas de temas moi candentes no sector”. Sobre a poxa de gando frisón, Antelo sinalou que houbo unha “gran aceptación por parte dos gandeiros, temos 17 explotacións inscritas e preseleccionados 50 animais de 10 concellos dos que quedaremos con 20-25”. Para Antelo estes números “indican a prevalencia desta poxa, os gandeiros apostan por ela porque é un referente a nivel Galicia”. Antelo incidiu en que a maioría dos exemplares son “animais en lactación, tal e como demanda agora o sector”. “Vai ser un éxito rotundo”, sostivo.

Tanto Antelo como Blanco Riveiro quixeron lembrar que a poxa será Memorial José Moreira, o impulsor desta poxa e que faleceu o pasado ano. “É unha das poucas persoas das que eu afirmo que o sector lle debe moitísimo e Mazaricos é un bo exemplo disto”, concluíu Antelo.

Programa

Cartel da Semana Gandeira de Mazaricos 2019 copia

Durante a semana: 
Obradoiro de elaboración de produtos lácteos de balde con Lidia Ferreras do Laboratorio Lácteo Gallego

Venres, 29  e Sábado, 30 de novembro: 
Ruta de tapas polos locais da vila. Locais participantes:

  • Restaurante Barallas (Pino de Val)
  • Bar Rial (San Fins)
  • Asador Manduca (A Picota)
  • Albergue Virxe da O (Quintáns)
  • Campamento Corzón (Corzón)
  • Pizzería Vinculeiro (A Picota)
  • Casa Jurjo (A Picota)
  • Casa Senra (A Picota)
  • Casa Pego (San Cosme de Antes)
  • Bar O Pallote (A Picota)
  • Bar EFE EME (A Picota)

Sorteo de vale de 50€ entre as persoas que completen o pasaporte de tapas con, polo menos, 3 locais de 3 parroquias distintas. As e os participantes valorarán as tapas dos locais. Ao gañador entregaráselle un premio conmemorativo.

Sábado, 30 e domingo, 1 todo o día: feira de maquinaria agrícola

Sábado, 30 de novembro pola mañá:

  • Xornadas técnicas de 10.30AM a 14.00PM
    10.30h: Novidades no programa de selección da Raza Frisona. José Antonio Jiménez Montero, doutor enxeñeiro Agrónomo, xefe do departamento técnico de CONAFE
  • 11.15h: A aposta de Abanca pola sustentabilidade do sector. Jesús Combarro Pereira, Director Banca Agro de Abanca

12.00h PARADA CAFÉ 

12.00h MESA DE DEGUSTACIÓN PRODUTOS CASA GRANDE DE XANCEDA

  • 12.30h: : Enerxía Fotovoltaica nas granxas. Ismael Vilacoba e Antonio Pérez, Nortesla
  • 13.15: Mellora da eficiencia no uso do xurro como fertilizante. Juan Castro Insua, exeñeiro agrónomo do CIAM

Sábado, 30 de novembro pola tarde no Recinto feiral polivalente. Actividade para nenos e nenas

  • 16.30h:
    - Obradoiro de estampado de camisetas 
    - Obradoiro de trenzado de Sancosmeiros
    - Touro mecánico
    - Degustación de balde Bico de Xeado e merendola

Domingo, 1 de decembro pola mañá, recinto feiral polivalente:

  • Gran poxa de xovencas frisonas Memorial José Moreira con máis de 2000€ en premios

Comentarios