Os Sentinelas da artista mazaricá Catro Raposos volven iluminar Stoupa

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Despois de 5 anos como referente cultural, a Galería-Tenda ceense Stoupa vai recuperando a actividade e continúa espallando a arte e a artesanía costeira polo mundo.

Desta volta, faino coa mostra 'Os sentinelas do mar’, da artista Catro Raposos, que se compón de 7 obras cuxos protagonistas son os faros da costa atlántica.

Catro Raposos nace en Mazaricos en 1987. Con 19 anos trasládase a Santiago de Compostela para iniciar estudos de ámbito social na Universidade de Santiago de Compostela e pola UNED/UNED da Coruña. Todo este tempo está en perpetua interacción coa arte de forma autodidacta, facendo traballos de artesanía e fotografía, as súas dúas grandes paixóns.
A continua experimentación de pintura e rotulados a man (lettering, pinstriping) sobre diferentes materiais dan lugar a esta colección de faros da nosa costa.

Cando se pode visitar

A mostra poderá visitarse na galería ceense ata principios do mes de decembro, de martes a sábado, de 11 a 14 h e polas tardes con cita previa no 661436483.

Novas relacionadas