Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Galería Stoupa pecha o 2019 como referente cultural

Stoupidos Reme Beiro. María Bella. Viki Rivadulla. Nacho Porto
Reme Beiro, María Bella, Viki Rivadulla ou Nacho Porto foron algúns dos que participaron na extrea de Stoupidos
A Galería Stoupa pecha o 2019 como referente cultural

Cee converteuse outra vez este domingo no punto de encontro da cultura, da arte e do emprendemento da Costa da Morte. Como ven sendo habitual nestas datas, a Galería Stoupa celebrou o seu fin de ano particular, reunindo a máis de medio centenar de persoeiros vinculados á cultura costeira que están comprometidos co proxecto de visibilizar e poñer en valor o inmenso talento artístico dos autores da Costa da Morte.

O domingo a mediodía foron pasando pola sesión vermú de Stoupa, ademais de amigos e clientes da tenda, personaxes relacionados coa arte e a cultura como Viki Rivadulla, Pepe de Olegario, Fernando Rei, Xosé Iglesias, Santiago Garrido, Xoanxo Cespón, Nacho Porto, Nano Unzueta, Trenzarte, Reme Beiro, Mighel FK, Frank Buschmann, Roberto Traba o Carlos Regueira, entre outros. Tamén estiveron representantes de innovadoras empresas locais de produtos autóctonos e empresarios do sector turístico.

A celebración, como en anos anteriores, resultou moi animada porque non é moi habitual que poidan saudarse e compartir as súas inquedanzas profesionais, artistas e creadores das máis variadas disciplinas: pintura, artesanía, escultura, literatura, fotografía, música ou moda.Stoupidos Begoña Fdz Reme Beiro Nacho Porto Viki Rivadulla
Begoña Fdz., Reme Beiro, Nacho Porto, Xosé Iglesias e Viki Rivadulla

Agalla Costa da Morte por Nadal

Os invitados, antes de brindar para que no 2020 Stoupa poda seguir actuando como o epicentro da arte, da cultura e do emprendemento da Costa da Morte, desfrutaron da colección exposta na tenda-galeria, #Stoupido2019, que é unha exposición conxunta de sete artistas colaboradores de Stoupa, que invita aos que a visitan a que regalen neste Nadal, agasallos da terra, obras e produtos únicos, feitos na súa totalidade por autores vinculados a esta comarca.

#Stoupidos2019 pode visitarse ata pasar a fin de semana de Reis, de martes a sábado de 12h a 14h e de 17h a 20h.

Stoupidos Viki Rivadulla Pepe de Olegario
Viki Rivadulla e Pepe de OlegharioStoupidos Roberto Traba Mighel FK
Roberto Traba e O Mighelo

Novas relacionadas

Comentarios