Martes. 22.10.2019
El tiempo

Mon Lendoiro leva ás sáus colaxes á comarca de Fisterra

Stoupa Mon Lendoiro e Begoña Fdz en Stoupa
Stoupa Mon Lendoiro e Begoña Fdz en Stoupa
Mon Lendoiro leva ás sáus colaxes á comarca de Fisterra

Abre unha nova era na galería Stoupa, un dos espazos culturais mellor coidados da comarca de Fisterra. E fíxoo cun compañeiro, co propietario da Galería Garabato, o artista Mon Lendoiro, que vertebra en clave de arte, a Costa da Morte achegando ata o sur da comarca a súas colaxes “trociños de papel e outros  animais”.

A galería ceense arrincou así o programa de exposicións individuais de artistas da Costa da Morte, cunha desas presentacións-sesión vermú chea de emoción e de cultura.

O artista pástico multidisciplinar carballés presentou 11 cadros de animais ilustrados e animados a través da técnica da colaxe. Para iso utilizou anacos de obras inacabadas, descartadas ou de anacos de papel que tiveron un significado na súa vida e que quixo así devolvelos á natureza en forma de animais. De aí o  tílulo da exposición “trociños de papel e  outros  animais”. Ademais todos os cadros van  acompañados dunha reflexión sobre as actitudes e instintos destes animais, que en moitos casos deberíannos de servir de exemplo.

Contounos: “A  miña amiga artista, Lola Oviedo insistíame sempre que non tírase ningunha obra, que todo se  aproveita, e mira tiña razón, grazas a ela puiden construír os meus animais”.                                                                                                    

A expo de Mon Lendoiro que permanecerá na galería ceense ata o 31 de outubro, e poderá visitarse apartir de hoxe ata 31 outubro en  Stoupa, (r/ Campo  do  Sacramento, 23, Cee) de martes a sábado de 12 h a 14 h e de 17 h a 20 h.

Stoupa PresentaciónNacho Porto María Lema e Begoña Fdz.  copia
A presencia de Nacho Porto e María Lema, xunto á anfitriona Begoña Fdez., dá conta do fervedoiro cultural no que se ten convertido a galería ceense Stoupa

Novas relacionadas

Comentarios