Os Sentinelas da artista mazaricá Catro Raposos volven iluminar Stoupa
Despois de 5 anos como referente cultural, a Galería-Tenda ceense Stoupa vai recuperando a actividade e continúa espallando a arte e a artesanía costeira polo mundo.
Desta volta, faino coa mostra 'Os sentinelas do mar’, da artista Catro Raposos, que se compón de 7 obras cuxos protagonistas son os faros da costa atlántica.
Catro Raposos nace en Mazaricos en 1987. Con 19 anos trasládase a Santiago de Compostela para iniciar estudos de ámbito social na Universidade de Santiago de Compostela e pola UNED/UNED da Coruña. Todo este tempo está en perpetua interacción coa arte de forma autodidacta, facendo traballos de artesanía e fotografía, as súas dúas grandes paixóns.
A continua experimentación de pintura e rotulados a man (lettering, pinstriping) sobre diferentes materiais dan lugar a esta colección de faros da nosa costa.
Cando se pode visitar
A mostra poderá visitarse na galería ceense ata principios do mes de decembro, de martes a sábado, de 11 a 14 h e polas tardes con cita previa no 661436483.
Novas relacionadas
- Xullo 21: 5 anos Stoupando a cultura da Costa da Morte.
- Xullo 21: Stoupa poxa 35 pezas inéditas da colección #CorentenaCreativa .
- Febreiro 20: Stoupa bótase a navegar polo mar cultural da Costa con Xosé Iglesias e varios patróns.
- Decembro 19: A Galería Stoupa pecha o 2019 como referente cultural.
- 2019: Nano Unzueta reúne en Stoupa á elite da artesanía costeira.
- 2019: Mon Lendoiro leva ás sáus colaxes á comarca de Fisterra.
- 2019: Stoupa festexa o seu terceiro aniversario con dúas novas exposicións en Cee e Santiago
- 2019: Stoupa convirte as crebas en arte.
- 2019: Xoanxo Cespón e Pepe de Olegario levan o mar costeiro a Stoupa e ao mercado La Galiciana.
- 2019: Stoupa abre a temporada de exposicións de 2019 cos Voantes de Laura Tova.
- 2019: Artistas e creadores da Costa da Morte brindaron en Cee por novos proxectos para o 2019.
- 2017: Stoupa, o punto de encontro da artesanía e a cultura da Costa da Morte.