Mércores. 20.11.2019
El tiempo

Stoupa convirte as crebas en arte

Cestos festos con redes-Expo Mar de Crebas en Stoupa
Cestos festos con redes-Expo Mar de Crebas en Stoupa
Stoupa convirte as crebas en arte

Stoupa aproveitando o día mundial da reciclaxe abre as portas da exposición colectiva “Mar de Crebas” que mostra o resultado final de todo un proceso creativo e dunha filosofía de vida que parte da fascinación polos materiais que as ondas van deixando nas nosas praias, estes restos que na Costa da Morte coñecemos por crebas son materiais contaminantes, restos de naufraxios e mesmo madeiras que proceden de bosques moi afastados.

En Stoupa exponse un mar cheo de peixes feitos con boias recicladas, ramas con formas de aves, cangrexos e nunha beira acumulanse restos de naufraxios transformados en esculturas e obxectos funcionais.

“Mar de Crebas” pretende facer visible o problema da contaminación dos mares, mostrando o traballo destes artistas que non só son conscientes do problema senón que contribúen á limpeza e eliminación de residuos nas praias.

A exposición poderá visitarse ata finais de xuño na galería ceense, de martes a sábado de 12 a 14 h. e de 17 a 20 h.

Exposicion en stoupa mar de crebas

Os artistas aproveitan linguaxes creativas diferentes para a transformación das crebas; pintura, escultura e fotografía:

Nando Lestón

Representante do “Landart e arte Povera”, alcanzou o éxito e o recoñecemento hai anos nun mundo onde non é nada fácil conseguilo: o da arte. Stoupa xa expuso o pasado ano a súa colección “ Mater Materia” , da cal rescatamos “Mar de Cordas” unha magnifica peza feita con cordas que falan do duro traballo realizado no mar e remos gastados pola erosión dunhas mans ao bogar que se transforman en esculturas. Neste caso a natureza nutre a Nando con materiais de crebas que gardan a memoria dunha vida e dunha orixe incerta, pero axúdanlle de forma creativa a contar unha historia.

Gypsea&co

Ama a natureza e todas as súas formas e non soporta a contaminación en ningunha delas. Chegou a Fisterra desde Australia polo Camiño de Santiago e quedou atrapada na fin do mundo. Para ela a reciclaxe forma parte da súa vida, é consecuente coas tres R (reducir, reutilizar e reciclar). Achega o seu gran de area ao medio ambiente limpando as praias de materiais contaminantes, aproveitando todos os fíos e cordas que cospe o mar para transformalos en cestos.

Alivava e Sven, Alivavas

Unironlles os routeiros organizados por Mar de Fábula, pero os dous por causas moi distintas: un para buscar novos obxectos que transformar e outro para limpar o planeta de restos de “veleno” . Ela é unha artista autodidacta pero cunha enorme intuición á hora de pintar e dar forma ás súas crebas, el dá equilibrio a todas esas pezas con materiais de reciclaxe. Reutilizan partes dos residuos contaminantes para facer visible un problema como o do cambio climático, contaminación na fauna mariña, enfermidades, a perda da biodiversidade etc. Transforman materiais de refugallos en obxectos belos.

Novas relacionadas

Comentarios