Vernes. 19.04.2019
El tiempo

A GALERÍA CEENSE É UN DOS GRANDES FERVEDOIROS CULTURAIS DA BISBARRA

Stoupa abre a temporada de exposicións de 2019 cos Voantes de Laura Tova

Stoupa sesión vermú Lauta Tova copia
Stoupa sesión vermú Lauta Tova copia
Stoupa abre a temporada de exposicións de 2019 cos Voantes de Laura Tova

Fermoso o fervedoiro cultural no que se ten convertido a galería tenda turística Stoupa nestes dous anos de vida. Begoña Fdez. e José Leis Caruncho teñen convertido o espazo ceense nun auténtico epicentro cultural. Ademais de expoñer, e vender, pura artesanía da Costa da Morte (co traballo que conleva coordinando a xestión con cada un dos artesáns, e mesmo levando a galería á rede na tenda online xunto con QPC), cada presentación que arman é un verdadeiro cruce de camiños.

Unha 60 persoas chegadas de toda a Costa da Morte, de Carballo a Muros, encheron a sala de exposicións para ver a nova obra de Laura Tova. A recoñecida ilustradora carballesa presentaba o seu traballo máis artesán, Voantes, unha oda á liberdade, cunha profunda carga filosófica nun estilo minimalista e naïf.

Unha obra que inclúe escultura pero tamén serigrafía, e que, de feito nacía en formato fanzine. A exposición componse de 7 pezas en forma de paxaro de diferentes tamaños e formas, ideadas e esculpidas por ela, acompañadas dunha serie de evocadoras frases.
A mostra poderá visitarse ate finais de marzo de martes a sábado de 12h a 14h e de 17h a 20h.

Laura Tova con Begona Fdez en Stoupa

Era a primeira expo da galería neste 2019, e estivo acompañada pola música en directo do Dj Tristón, integrante do grupo the Fakes que ademais participa en diferentes organizacións pertencentes ao mundo cultural de Costa da Morte.

Comentarios