Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un ferido en Mazaricos tras envorcar o vehículo que conducía

Un ferido en Mazaricos tras envorcar o vehículo que conducía
Accidente na recta de Suevos-Foto-GES Muros Novo accidente rexistrado esta mañá de venres. Corrían as 7:45h cando un condutor perdía o control do seu vehículo, saía da vía e envorcaba na Recta de Suevos, dentro do termo municipal de Mazaricos. A posición na que quedou o vehículo fixo temer porque o ocupante estivese atrapado, así que, desde o CIAE 112, pediuse a colaboración dos equipos de salvamento do parque do Xallas, así como do GES de Muros. Se ben é certo que a excarceración non foi necesaria, os equipos de emerxencias colaboraron cos profesionais sanitarios para sacar ao ocupante do vehículo. Unha vez fóra, o condutor foi trasladado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) para ser atendido das feridas provocadas no accidente. Accidente na recta de Suevos-Foto-GES Muros Accidente na recta de Suevos-Foto-GES Muros

Comentarios