Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un mazaricán candidato á presidencia da Real Academia Galega

Un mazaricán candidato á presidencia da Real Academia Galega
O mazarican Manuel Gonzalez candidato a presidencia da RAG

Tras ser nomeado Fillo Predilecto de Mazaricos Manuel González, un dos persoeiros máis importantes da historia do Concello mazaricán, postúlase como candidato á Presidencia da Real Academia Galega.

Polo de agora, o profesor da Universidade de Santiago e director do Instituto Ramón Piñeiro, é o único candidato confirmado á Presidencia, se ben parece que o gilólogo e historiador Xesús Alonso Montero podería tamén presentarse.

González remitiu unha carta a varios académicos anunciando a súa candidatura. Entre as súas promesas, garantir a independencia da entidade, acosada por problemas económicos, modernizala e, sobre todo, "diálogo" para que "todos" se sintan parte da institución.

Unha Academia algo convulsa trala decisión de dimitir de Méndez Ferrín. Un Ferrín que acusou publicamente a varios sectores dos académicos de 'facerlle a cama' , en parte por mor do recurso da RAG contra o "Decreto do Plurilingüismo", a norma que reduciu a presenza da lingua propia nas aulas. E un Ferrín que recibía apoios de todo o país, mesmo dende Muxía, dende a Fundación López Abente.

CV de Manuel González

Aínda que o catedrático de Filoloxía Románica é coordinador nunha institucións presuntamente enfrontadas con outras no seo da RAG, o Centro Ramón Piñeiro da USC, está considerado dende hai anos un home de consenso, que xa ocupou cargos na actual e en anteriores directivas, e non está claramete adscrito a ningunha das tendencias ideolóxicos que conviven na Academia.

Manuel González González naceu o 25 de outubro de 1951 en Mazaricos, concello que lle acaba de render homenaxe.

É catedrático de Filoloxía Románica pola Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago, da que foi vicedecano e na que ocupou diversos cargos académicos. Foi director dos Cursos de Lingua e Cultura Galegas para estranxeiros desde o ano 1988 ata o 2007. Foi secretario da Real Academia Galega entre 2000 e 2009, da que é académico numerario desde o ano 1992, onde dirixiu os seminarios de sociolingüística e lexicografía ata o ano 2011, e da que é o actual tesoureiro. Foi o presidente da Comisión Técnica encargada de elaborar o Plan de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade polo Parlamento Galego en novembro do 2004. Ademais do seu papel na RAG e no Ramón Piñeiro, o catedrático é presidente da Asociación puntoGAL.

Máis información

Fonte

Comentarios