venres. 07.11.2025
El tiempo

Varias parroquias de Mazaricos sofren a precariedade das infraestrururas de fibra e luz

Imaxe do máxico e esquecido rural mazaricán
Varias parroquias de Mazaricos sofren a precariedade das infraestrururas de fibra e luz

Terrible a situación esta semana de incomunicación en varias zonas de Mazaricos. A liña de fibra óptica de Rede Aberta, volviu fallar en zonas como a parroquia de Arcos, deixando durante, por agora, unha semana á veciñanza sen internet.

Pero é que ademais, a parroquia da Picota está sufrindo unha serie de cortes de luz imperdoables. Xa empezaron no verán, pero dende este pasado venres houbo xornadas con ata 45 microcortes en 24 horas, algo terrible para os elementos electrónicos.

Dende o Concello, que recibiron as queixas da veciñanza (“a algún sitio tiñan que ir” recoñecen os veciños que se achegan á administración máis próxima) están traballando para pedir unha reunión co responsable de área de Náturgy, así como preparan un escrito para enviar á Consellería de Industria, para que analicen se Naturgy para asegurar o mantemento correcto e o servizo de calidade obrigatorio.

Espazo Común Mazaricos denuncia a inaceptable situación

Lanza a alarma pola situación o grupo de Espazo Común, que critica que falamos dunha “situación que xa é crónica e intolerable no noso municipio. Se ben os frecuentes cortes de luz xa están a causar graves prexuízos aos nosos veciños dende hai tempo, a situación escalou a un nivel de máxima gravidade ao deixar a unha parroquia enteira incomunicada”.

O grupo lembra que vai “unha semana sen acceso a Internet nin telefonía fixa, unha situación que a día de hoxe supón un lastre insostible para a vida cotiá, o traballo, a educación e o acceso a servizos básicos”.

E pon o foco na Xunta de Galicia e no goberno central pola “chapuza” da nova instalación da fibra”, “unha desfeita que agora condena a toda unha parroquia ao illamento dixital. É incomprensible que, despois do investimento e o esforzo, se permita que un mal traballo condene aos nosos veciños a esta grave incomodidade e prexuízo.

Comentarios