Usuari@s de Adisbismur gozan do mar a bordo do Laión
11:07 12/07/18
Usuarios de Adisbisnur gozando da travesia no veleiro Laion
O veleiro Laion da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) continuou a súa singradura pola costa do país na ría de Muros, atracando os días 9 e 10 de xullo, e ofrecendo a oportunidade de achegarse ao mundo da navegación a persoas con discapacidade. Dous días marabillosos para a familia de Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR), pois os seus usuarios puideron realizar diferentes travesías pola ría e disfrutar así do seu mar.
Xa son 16 os anos que este veleiro, que foi incautado ao narcotráfico, navega polas rías galegas con persoas con discapacidade a bordo.
A finais de xuño iniciaba o seu periplo en Ribadeo para dar paso aos bautismos de mar en A Coruña que, xunto coa actividade en Camariñas e Muros no mes de xullo, van permitir que preto de 180 persoas, distribuídas en quendas de 8 persoas por travesía, teñan a oportunidade de participar da navegación durante tres horas polas rías galegas.