sábado. 07.06.2025
El tiempo

500 sinaturas contra a subida dos valores catastrais de Muros

500 sinaturas contra a subida dos valores catastrais de Muros
A concelleira e membro de CxG Maria Xose Alfonso Torres entregando as sinaturas no Concello de Muros

Vai de impostos en Muros. Se foi a subida do IBI o que protagonizou as últimas polémicas entre grupos, hoxe é a subida dos valores catrastais a que toma o relevo na vida política.

Compromiso por Galicia-Muros vén de facer entrega no concello de Muros cerca de 500 sinaturas para que "os valores catastrais non suban de maneira desorbitada. A formación galeguista solicitando que o Concello alegue indirectamente contra a nova ponencia de valores que entrará en vigor a partir do vindeiro ano 2014.

O grupo da oposición considera que "esta nova Ponencia de valores fai que moitas familias muradás vexan triplicados e incluso cuadriplicados os valores catastrais das súas propiedades e consideran que estes novos criterios para calcular os valores catastrais non teñen en conta aspectos tan importantes como o valor do mercado inmobiliario en Muros en continuo descenso con motivo da crise".

Polémica subida do IBI

Ao mesmo tempo, Compromiso por Galicia-Muros tamén solicita ao concello que o IBI , popularmente chamada contribución, "se manteña no 0'4 % para os bens de natureza urbana e no 0'3 % para os de natureza rústica e non suba ao 0'6 % como aprobou en pleno o grupo socialista de goberno tendo que facer uso do voto de calidade da alcaldesa, o que contrarrestaría parte do efecto da subida que supón a actualización dos valores catastrais".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de María Xosé Alfonso Torres, concelleira e membro de Compromiso por Galicia.

Comentarios