As 69 probas PCR vinculadas ao brote do camping de Muros dan negativas
00:46 18/08/20
Tranquilidade relativa en Muros ao coñecer que as 69 probas realizadas este domingo trala segunda quenda de rastreo do brote no camping de Louro, deron negativas.
Son finalmente 7 positivos (rexistrouse hoxe un máis que estaba fóra), e outras 23 persoas que teñen que estar en corentena a pesar de ter dado negativo por ter tido relacións estreitas cos dous primeiros positivos. Non así as 69 persoas das últimas probas.
O camping, pola súa parte, xa realiza labores de desinfección.