Venres. 04.10.2024
El tiempo

A banda de gaitas Ximiela representa a Galicia no festival intercéltico de Lorient

A banda de gaitas Ximiela representa a Galicia no festival intercéltico de Lorient
banda-gaitas-ximiela-louro Un grupo formado por 40 persoas participará entre o 4 e o 13 de agosto no afamado festival intercéltico de Lorient, na Bretaña francesa A banda de gaitas Ximiela de Louro encargarase de representar Galicia no multitudinario festival intercéltico de Lorient (Bretaña-Francia) que se celebra entre o 4 e o 13 de agosto. Unha expedición formada por 40 persoas, entre gaiteiros e percusionistas, partirán hoxe cara Bretaña onde compartirán uns días con máis de 4500 artistas de todo o país. No festival intercéltico de Lorient interveñen todo tipo de artistas das denominadas 8 nacións celtas - Bretaña, Escocia, Irlanda, Gales, Illa de Man, Cornualles, Galicia e Asturias - ás que dende fai uns anos tamén se engaden nacións das chamadas "diásporas célticas" coma Acadie (zona francófona atlántica de Canadá), Australia e Nova Zelanda. O festival ten unha media de espectadores directos que ronda o millón de espectadores e un seguimento tanto por televisión coma de Internet de case de cinco millóns de espectadores. Os últimos dous anos foi escollido como o mellor festival Urbano do Mundo. Así que participar nun festival deste tipo é para Ximiela toda unha honra. Segundo di o propio director da banda de gaitas - Pablo Seoane - "este é o culme a máis de 25 anos de traballo intenso da asociación folclórica Ximiela de Louro, unha asociación creada para a recuperación e divulgación da cultura tradicional de Galicia, e que actualmente está formada por preto de 100 persoas". Nos últimos anos editou un CD, un DVD do 25 aniversario da asociación, participou no 2014 no desfile da Hispanidade en Nueva York, e en 2016 foi seleccionada polo comité de St. P trick´day, participando no desfile de San Patricio de Nueva York como representantes de Galicia. Durante 2016, estreouse a gala "A Ruta do Sal", acadando grande éxito de público. Novas relacionadas Fonte

Comentarios