Ovación tras ovación por 25 anos coidando o folclore


Un cuarto de século de traballo e esforzo de Ximiela deron o seu froito este pasado sábado 25 na Fábrica de Sel (Muros). A capacidade do local quedouse curta ante a cantidade de xente que se acercou ata alí para disfrutar do espectáculo. Non faltou a representación política e tamén a de diferentes membros das asociacións da comarca.
Como xa prometera Ximiela, levou de viaxe ao público por parte da historia e costumes de Galicia facendo alusión a grupos tradicionais enigmáticos como “Os Breas” , “Os Beiros” e “Os Monfortinos”; ou con cambios de vestiario e pezas que os levaron desde os Ancares ata Louro, a terra do grupo.
Os asistentes ovacionaron aos máis de 60 artistas que pasaron polo escenario poñéndose en pé e con aplausos durante varios minutos. Ante tan emocionante resposta do respetable, Ximiela xa está argallando outros proxectos en prol da cultura galega.


Novas relacionadas
- Ximiela celebra 25 anos facendo folclore.
- Lires vibrou a ritmo de Folk.
- Lires vive o foclore dende o Socorro ata a Xuntanza Folk.
Fonte
- Ximiela.