![Concentracion contra a LOMCE e as Revalidas en Muros-Foto-Nieves Formoso]()
Concentración contra a LOMCE e as Reválidas en Muros-Foto-Anpa do Fontexería
A comunidade educativa pensa que aínda é posible derogar a LOMCE, e por iso pide compromiso e loita a pais e nais, mestres, alumnos… Así, este mércores 25 de outubro había chamamento en Cee, Carballo e Muros, e a cousa parece que está clara. As Reválidas e a LOMCE non convencen a ninguén.
Esta tarde de mércores 25 toca en Cee e Carballo, pero pola mañá, as ANPAS dos centros de ensino muradán e a Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, integrada por
CONFAPA-Galicia, Ensino-CCOO, UGT, SE, IESGA, Escola Viva e STEG), convocaban unha concentración.
E respondeu a comunidade educativa. As ANPAS do Ricardo Tobío, do IES Fontexería, das Insuas, do Ramón Artaza e do CEIP de Louro conseguiron baleirar ás aulas coa concentración celebrada na praza do Concello.
Por exemplo,
no IES Fontexería os resultados da folga foron clarificadores. Só foi a clase un dos 276 alumnos do centro de ESO e Bacharelato. Por exemplo, no Ramón Artaza, de 260 alumnos, só 36 non secundaron a folga, mentres que no Ricardo Tobío de Esteiro de Primaria, só foron a clase 28 alumnos dun censo de 117.
As ANPAs denuncian que os rapaces, aínda que aproben todos os cursos, van ter que superar ata 4 reválidas na súa vida escolar. Denuncian tamén que van poder quedar alumnos de 6º de Primaria, de 4º da ESO e de 2º Bacharelato sen título a pesar de ter todas as materias aprobadas.
![Concentracion contra a LOMCE e as Revalidas en Muros-Foto-Nieves Formoso]()
Concentracion contra a LOMCE e as Revalidas en Muros-Foto-Nieves Formoso
Anpa do Fontexería
Este foi o breve comunicado que leron na praza do concello muradán:
As 10 razóns para facer folga contra as Reválidas
- Son un modelo pedagóxico anárquico.
- Os nosos fillos e filals poden ficar fóra do sistema educativo.
- Desliximitan o docente.
- Son realizadas por persoas alleas aos nosos fillos e fillas.
- Négaselle unha titulación aos nosos estudantes.
- Frenan o acceso ao bacharelato e á universidade.
- Están cuestionados pola comunidade educativa.
- Buscan un negocio para uns poucos.
- Son precarias e sen tempo de preparación.
- Loitamos pola educación das nosas fillas e fillos.
- Non ás Reválidas. Derogación da LOMCE.
Novas relacionadas
Fonte