Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A poesía en crú de Samuel L. París

A poesía en crú de Samuel L. París
Samuel L Paris en Porto Samuel L. París Capa - Da Galician Poetra Xa temos falado del, o poeta punki, pero dende novembro xa non é o baixista de Terbutalina, esa banda muradá que leva revolucionando a escena musical galega da última década. Quedaron atrás 7 anos de “ensaios, furgo, concertos, festas, conversas, gravacións, amizade e compañeirismo”, co ánimo de seguir avanzando. Pero Samuel L. París (con L. de Lema para non confundirse co seu pai nas búsquedas de ghughel) vén de publicar un novo traballo, un novo “artefacto poético”. Despois de “Manual da destrución” (A Regueifa, 2008) e “Inflamable” (Positivas, 2012), chega “Da Galician Poetra”, un cd de poesía ao vivo que recolle as gravacións de 4 recitais ofrecidos en Allariz a comezos de 2018, durante a celebración do “V Ponme un Poema” organizado pola Fundación Vicente Risco. Esta obra de “spoken-word” demostra que a poesía pode ser algo de rúa, de barra, como demostrou no pasabares poético ourensán. A súa poesía en crú desfaise de prexuízos, de elitismos, para ser servida coma vermús. “Poesía en cru, sen cortes e sen censura cun obxectivo: resumir todo o que un humano necesita saber sobre a literatura galega en menos dunha hora”. Incribles os seus repasos polo SuperDépor na “reviravolta” ou por esa visión dos Siniestro Total. Todo, por suposto, nun fermosísimo "ghallegho" muradán. Xa podedes escoitar bandcamp de” Pararaparis”, e tamén podedes seguilo no seu blog pararaparis.wordpress.com. En todo caso, os novos poemarios “exclusivos” de Samuel fanse “a man e baixo demanda.” Samuel L Paris polos bares de Allariz nas xornadas Ponme un poema Samuel L Paris polos bares de Allariz nas xornadas Ponme un poema

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios