Venres. 29.03.2024
El tiempo

Adisbismur queda sen transporte ante a falta de apoio do Concello de Muros

Adisbismur queda sen transporte ante a falta de apoio do Concello de Muros

Os usuarios da Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (Adisbismur) quedan sen transporte que os traslade tanto ao centro de recursos de Valadares como ás clases de atención temperá da asociación Stand en Noia. I é que segundo denuncian tras manter unha xuntanza coa Concelleira de Asuntos Sociais de Muros, Sandra Maneiro, "o Concello di que non nolo subvenciona máis o transporte porque non ten cartos".

Durante a xuntanza, a concelleira confírmalle a Adisbismur que o transporte vai estar subvencionado ata o día 31 de decembro de 2011, co que a entidade iniciará o ano 2012 sen a posibilidade de seguir utilizando este recurso.

Reunión coas familia

A directiva de Adisbismur vén de celebrar unha reunión a pasada mañá cos pais de todos as persoas usuarias do transporte e acordan que queren convocar canto antes unha xuntanza coa Alcaldesa de Muros, Caridad González, para que lles dea unha solución a este problema.
Se se elimina o transporte que utilizan os usuarios, tanto do centro de recursos de Valadares como da aula de atención temperá de Stand en Noia, van ter que ser os pais os que teñan que achegar aos fillos nos seus vehículos particulares tanto polas mañás como polas tardes.

Os pais xa confirmaron a imposibilidade de poder realizar estas viaxes por incompatibilidade coa vida laboral que desenvolven ou por carecer de vehículo propio.

Veremos pois a resposta do Concello ante esta problemática.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de COGAMI.

Comentarios