mércores. 30.04.2025
El tiempo

A alcadesa de Muros esixe a restitución do pediatra no Centro de Saúde

Centro saúde Muros copia
Centro saúde Muros copia
A alcadesa de Muros esixe a restitución do pediatra no Centro de Saúde

Saen hoxe mércores as familias de Carnota á rúa pola supresión da atención do enfermeiro pediátrico no seu centro de saúde. Pero como falamos dun profesional compartido, neste caso é a alcaldesa de Muros, María Lago, a que considera “inaceptables” os problemas e as carencias que desde hai tempo existen no servizo de pediatría do centro de saúde.

“Non falamos dun problema puntual, levamos xa un ano cunha baixa de longa duración do pediatra que traballaba só en Muros”, explica Lago, “e a outra pediatra que temos debe dar servizo tamén algunhas horas no centro de saúde de Carnota”.
“A Xunta debe cubrir de forma inminente a baixa de longa duración para recuperar a normalidade, xa que hai días nos que as familias de Carnota non teñen pediatra e veñen a Muros, colapsando a atención primaria”, engade.

A alcaldesa de Muros critica “a inacción da Xunta de Galicia, falamos da saúde e dun servizo básico e esencial para as familias”, polo que esixe á Consellería de Sanidade “unha solución urxente a estas carencias”.

Comentarios