mércores. 30.04.2025
El tiempo

As familias de Carnota mobilízanse ante a eliminación do servizo de enfermaría pediátrica

Centro de Saude de Carnota 2
Centro de Saude de Carnota
As familias de Carnota mobilízanse ante a eliminación do servizo de enfermaría pediátrica

Xa levan máis dun ano sen pediatra (por unha baixa de longa duración do pediatra compartido con Muros que o Sergas non é capaz de cubrir) tendo que ir a Muros como lles espetaba a Consellería. Pero dende o vindeiro 10 de marzo, o Sergas suprime tamén a praza de enfermería pediátrica do Centro de Saúde de Carnota.

Unha situación que alerta enormemente ás 200 familias carnotás afectadas, que vén como outro servizo básico é arrincado dos seus dereitos como cidadáns do rural. Porque ademais de lamentar a baixa do pediatra (cómpre lembrar que Muros tamén se ve afectado porque non parece que a baixa sexa cuberta nun prazo curto, provocando que o C.S. muradán fique cun só equipo pediátrico), agora quedan sen unha figura como o de enfermeiro, que solventaba moito en canto ás vacinas, revisión de idade, vendas, curas… “cousas que antes resolvías en 10 minutos e o neno de volta para o cole, e agora temos que ir a Muros, esperar, volver…”, critican as familias carnotás.

”Vese que para o Sergas apenas somos números, e non lles importa a conciliación e os traballos de pais e nais, que os nenos vaiana cole… Isto segue a ser un concello de rural que queda sen un servizo básico, e non podemos quedar en simples números”, denuncian en relación ao argumentario dos ratios que sempre ofrece a Consellería. “A este ritmo mañá seremos 150”, critican.

Nese sentido, dende Área Sanitaria de Santiago, da que dependen os Concellos de Carnota e Muros, explican que explican que “os ratios dan”, sinalando que as organizacións científicas fixan en 800 as tarxetas que pode cubrir un pediatra. Deixan claro que “a praza dese pediatra compartido entre Muros e Carnota non se suprime”, senón que o caso é que “non se atopa ningún para cubrir esa baixa de longa duración”, aludindo, como nos últimos anos, ao problema estrutural da falta de pediatras.

“So, os pediatras son unicornios”, bromean as familias mentres o alcalde Juan Manuel Saborido “Moma”, agarda para ser atendido pola Consellería ante a súa consulta trasladada tralas queixas da veciñanza.

Concentracion entroideira

Ante esta situación de incerteza, e a falta de explicación por parte das autoridades sanitarias, as familias carnotás convocan unha concentración, en clave entroideira e festexeira, con batukada e todo, para este mércores 5 de marzo ás 17:00h na Praza da Pedra. Convocan á veciñanza a levar disfraz e cacerolas para facerse oír, porque “Coa saúde dos fillos non se xoga”.

Ademais, as familias van enviar un escrito á Consdellería esixindo "a restitución do servizo de enfermaría pediátrica no centro de saúde de Carnota para garantir unha atención sanitaria accesible e de calidade aos nenos e nenas da localidade", e pdindo "unha resposta formal por parte do Sergas na que se expliquen os motivos desta eliminación e se indiquen as medidas previstas para paliar os prexuízos causados ás familias afectadas".
 

Máis novas

Comentarios