O alumnado da UNED Sénior coñeceu o Muros máis histórico e cotián
Recibía Muros este luns a visita dunha vintena de alumn@s da UNED Senior Coruña. Acompañados polo seu coordinador e titor Luis Ángel Rodríguez Patiño, realizaron unha visita cultural ao pobo muradán a pesar dun día invernal con raios e sarabia. A xornada combinou historia, arquitectura, lendas, patrimonio industrial e vida mariñeira, pero gracias ás ensinanzas da aalcaldesa, María Lago Lestón, e da técnica de Turismo, María José Mayo Sandé, puideron apreciar Muros non só como un conxunto arquitectónico, senón como un pobo de historias, emocións e vida cotiá.
Durante a xornada, os alumnos exploraron o patrimonio histórico, percorreron as rúas máis emblemáticas —Rúa Ancha, Rúa da Saudade, Rúa do Anxo, Rúa da Paciencia— e visitaron o Centro de Interpretación do Patrimonio Marítimo de Sel, situado nunha antiga fábrica de salgadura e conserveira ata 1976.
Visitaron lugares especiais como a “Casa dos namorados”, oque recolle a lenda amor prohibido entre mozos de familias enfrontadas, na que os os namorados comunicábanse desde xanelas enfrontadas.
Pasaron tamén pola Casa Remo, exemplo de vivenda mariñeira tradicional, estreita e vertical, usada historicamente por pescadores, que actualmenteestá adaptada como aloxamento turístico, mantendo valores etnográficos da arquitectura tradicional.
E pasaron polos Fumeiros, espazos ou condutos onde antigamente se afumaba o peixe para a súa conservación, como unha parte do patrimonio industrial e mariñeiro, xunto con salgaduras, carpinterías de ribeira e peiraos históricos.
Ademais, recibiron explicacións sobre o escudo de Muros, a bula papal que distingue á súa igrexa e a conexión do municipio co Camiño de Santiago, desfrutando dunha experiencia que combinou historia, arquitectura e tradición mariñeira. Como tamén visitaron varios puntos chave do patrimonio relixioso, como a Igrexa Colexiata de Santa María do Campo, exemplo de gótico mariñeiro con elementos barrocos.
Non faltou, por suposto, a visita ao Centro de Interpretación do Patrimonio Marítimo de Sel, situado nunha antiga fábrica de salgadura do irmáns Legarda e Casa Romaní en Serres, e conserveira ata 1976.Alí puideron ver ferramentas, maquetas e obxectos que ilustran a vida mariñeira e a industria pesqueira de conservación do peixe (salgadura e conserva); puideron aprender de carpintería de ribeira ou escoitar lendas e naufraxios.
”Muros móstrase como unha vila mariñeira viva, onde cada rúa, casa ou edificio conta historias de traballo, amor, emigración e tradición, ofrecendo unha experiencia cultural completa e enriquecedora”, reflexiona e agradece o propio coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño.
