Sábado. 31.10.2020
El tiempo

Ana Oca e Muros invaden os cines de Galicia cun novo premio

A ceense Ana Oca é unha das tres protagonistas do filme "A Illa das Mentiras"
A ceense Ana Oca é unha das tres protagonistas do filme "A Illa das Mentiras"
Ana Oca e Muros invaden os cines de Galicia cun novo premio

Este venres 2 de outubro salta á gran pantalla o filme “La Isla de Las Mentiras”. Un filme que está de noraboa, pois tanto o filme como a directora, Paula Cons, xusto veñen de gañar o Premio Xacobeo no Festival Internacional de Cine de Ourense- OUFF, que pon en valor á mellor produción galega do festival.

A película. na que son protagonistas a actriz ceense Ana Oca e o pobo de Muros, leva un premio de 12.000€, e será este venres cando reciban o galardón.

Estrea nos cines

Asi, os Cines de Carballo e Cee, como outras 13 salas do país, deberían actualizar as carteleiras e pasar o filme xa a partir deste venres 2 de outubro.

Unha oportunidade de ver un filme vibrante, tenso, fermoso. Unha película inspirada en feitos reais, concretamente no afundimento do buque “Santa Isabel” fronte ás costas da illa de Sálvora en 1921, pero que quedou no esquecemento a pesar de ter tres verdadeiras heroínas como protagonistas. Unha delas, a nosa ceense, Ana Oca, que luce a súa arte diante da pantalla en fermosas escenas gravadas en Muros.

Novas relacionadas

comentarios