Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Ana Oca e o pobo de Muros, protagonistas do filme “A illa das mentiras”

Ana Oca, á dereita, unha das protagonistas da Illa das Mentiras
Ana Oca, á dereita, unha das protagonistas da Illa das Mentiras
Ana Oca e o pobo de Muros, protagonistas do filme “A illa das mentiras”

O vindeiro 24 de xullo, a ópera prima de Paula Cons, “A illa das mentiras”, estrearase na plataforma Filmin. Unha película, un thriller, inspirada libremente en feitos reais, que no afundimento do buque “Santa Isabel” frente ás costas da illa de Sálvora en 1921. Unha temática moi da Costa da Morte, con todas as consecuencias que hai arredor dun naufraxio, que serve ademais de homenaxe a 3 mulleres que salvaron a vida a 48 persoas e que foron inxustamente esquecidas pola historia.

O filme ademais ten protagonismo costeiro. Unha das protagonistas é a actriz ceense Ana Oca, que volve á primeira liña do cine galego despois de Escarabana. Oca é Cipriana, unha desas 3 mulleres que pagarán caro o seu heroismo, xunto con Nerea Barros e Victoria Teijeiro.

Ademais, varias partes da película foron rodadas en Tal e Muros, sendo moitos figurantes da zona os que participaron na coprodución da galega Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luis, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000

Figurantes muradas da Illa das MentirasFigurantes muradas da Illa das Mentiras 2Rodaxe en Muros do filme A Illa das Mentiras
Imaxes da rodaxe en Tal do filme

 

Fotograma da Illa das MentirasAna Oca a dereita na Illa das Mentiras
Outros fotogramas do filme con Ana Oca

Novas relacionadas

comentarios