Aprehendidos 35 kilos de centolas en Muros
35,42 kilogramos de centola foron requisados onte no porto de Muros. Foi o Servizo de Gardacostas de Galicia os que observaron como un barco descargaba directamente nunha furgoneta 8 capazos de plástico negro, sen pasar pola lonxa.
Tocoulle á garda Civil interceptar o vehíuclo e inspeccionar a mercancía, solicitándole ao condutor a documentación que amparaba a trazabilidade e transporte dese xénero. Esta persoa mostrou a este requerimiento uns documentos, os cales trala súa verificación por parte dos axentes actuantes resultaron ser falsos.
A Garda Civil procedeu á incautación da mercancía e á confección das correspondentes actas- denuncia por suposta infracciones á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia ao condutor da furgoneta, ao patrón do pesqueiro e á casa comercializadora da mesma.
Novas relacionadas
- A Garda Civil requisa unha embarcación e un vehículo en Camariñas trala descarga de 121 kg de peixe espada ilegal.
- Os percebeiros de Muxía cazan un furtivo en plena faena .
- A Garda Civil decomisa un peixe espada de 245 kilos dunha furgoneta de Camariñas.
- Incautan 1000 kg de sardiña descagarda cunha planeadora sen alumeado no peirao de Cee.