Venres. 26.04.2024
El tiempo

O CEIP Ramón Artaza y Malvárez ofrece “un libro por Ucraína, unha semente pola paz"

Concentracion por Ucraina no CEIP Ramon Artaza de Muros
O CEIP Ramón Artaza y Malvárez ofrece “un libro por Ucraína, unha semente pola paz"

Boa oportunidade teñen os centros de ensino para ensinar de primeira man o que implica unha guerra. Está a ser a primeira experiencia cun conflicto bélico para os nenos dos centros de ensino e pode ser un momento ideal para compartir valores como a solidariedade. Xa estivemos na carreira solidaria do CEIP de Caión e hoxe imos ata Muros para ver como o seu alumnado se concentrou pola paz.

Dende o Centro decatáronse como os rapaces/as preguntan e empatizan, queren saber e propoñen alternativas, polo que o profesorado tomou a decisión de unirse como centro á iniciativa Save the Children #Nonáguerracontraainfancia.

Para iso, este venres fixeron unha concentración no patio do colexio erguendo os xirasois elaborados por eles como símbolo do sufrimento dun país co que empatizan profundamente. Fixeron pancartas e leron un manifesto pola paz.

Ademais, durante toda a semana levaron a cabo un mercadiño solidario: a cambio dun donativo voluntario levan un libro de expurgo da biblioteca e unha semente de xirasol "Un libro por Ucraína, unha semente pola paz”. O recadado irá a vindeira semana para os nenos e nenas Ucaínas a través da asociación Save the Children.

Concentracion por Ucraina no CEIP Ramon Artaza de Muros 2

Novas relacionadas

Comentarios