A rapazada de Caión celebrou a súa 2ª Carreira Solidaria para axudar aos danados de Ucraína

Xa o curso pasado foi moito máis que unha xornada de sensibilización. E este o CEIP de Caión vén de disfrutar dunha espectacular xornada coa celebración da 2ª carreira solidaria do CEIP de Caión: “Caión, Corre pola paz!”.
Como non podía ser doutro xeito, desta volta a recollida de fondos foi para os danados polo conflito de Ucraína, destinando máis de 2.000€ ás ONGs que están a traballar en primeira liña na fronteira con Polonia.
Unha carreira que casa á perfección co proxecto de fondo do centro, pois neste curso 22-23 están traballando coas crianzas os Obxectivos de desenvolvemento sostibles (ODS). O nº16 di o seguinte: “Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas”.
Así, o alumnado levou para casa o seu Pasaporte solidario que lles servía para ir anotando as achegas mentres solicitaban aos seus familiares e veciños/as que colaboraran coa causa. A continuación e xa na escola, foron introducindo nunha furna as contribucións de todas e todos. A colaboración da comunidade educativa foi excepcional, chegando a recadar 2.074€, que foron doadas á Cruz Vermella.O colofón final tivo lugar hoxe co desenvolvemento da Carreira Solidaria pola Paz. As crianzas participaron en distintas quendas recorrendo distancias adaptadas ás súas idades, que ían dende os 250 ata os 1000 metros. Con este evento buscamos mandarlle pulos a todas as persoas afectadas pola guerra e visibilizar que a nosa vila de Caión loita pola paz.
Novas sobre Ucraína
- 2021: A Carreira Solidaria do CEIP de Caión, moito máis que unha xornada de sensibilización.
- Luís Lema Martínez, a solidariedade e a humanidade sobre o asfalto.
- Alejandra Plaza: Refuxiados ucranianos en Suiza, a iniciativa tomada desde o corazón que traspasa fronteiras.
- Bárbara, a corcubionesa que trae dúas familias ucraínas na súa "casita rodante”.
- Ramón Dourado atravesa Europa para traer a Corme 12 refuxiados de Ucraína.
- Unha carreira por Ucraína.
- A Pergoliña busca aloxamento para acoller refuxiados de Ucraína.
- Muros prepárase para enviar axuda humanitaria a Ucraína.
- Como axudar a Ucraína dende a Costa da Morte.