O cometa Neowise polo ceo da Costa da Morte

Estas noites están sendo os mellores para ver o cometa Neowise, pois é cando está máis preto da terra, apenas a 100 millóns de kilómetros. Unha experiencia visual que non desaproveitaron os fotográfos da comarca, sacando partido a ese ceo da Costa da Morte, un dos máis escuros e limpos do planeta, onde "sobreviven as estrellas". Ademais, a seguinte ocasión que o cometa pasará por "aquí" será dentro de 6.500 anos.
Como Manuel María Candamo Sendón, que nos deixa unha serie de tesouros na súa conta de instagram @manuelcandamosendon, onde retrata a Muros e ao cometa, dende o Ancoradoiro, con mestría.
Outra foto dende o Ancoradoiro de Manuel María Candamo Sendón
Na Galería de CeosGalegos tendes as vistas dende Lariño, Fisterra. E nas redes tamén tendes unha marea de exemplos:
O cometa #Neowise captado onte dende o mirador de Pico de Meda... #CostadaMorte #Galicia pic.twitter.com/ClrSTsT3R9
— A Costa da Morte - Tania Carreira (@Costa_da_Morte) July 19, 2020
Novas relacionadas
- Xuño 2020: Malpica posiciónase como destino astronómico.
- Novembro 2018: O ceo da Costa da Morte, protagonista do novo libro de fotos nocturnas de Lois e Llamas.
- Febreiro 2018: A Costa da Morte, o ceo no que sobreviven as estrelas.
- Novembro 17: As noites de Daniel Llamas en Nariga, Louro e Vilán, premiadas de novo.
- Xuño 17: Rubén Santa María caza unha espectacular Vía Láctea sobre O Pindo.
- Abril 17: A Torreira do Cabo Vilán volve recorrer o mundo protagonizando unha foto premiada de Daniel Lois.
- Outubro 16: A Punta Nariga nocturna de Daniel Llamas segue colleitando recoñecementos.
- Outubro 16: Daniel Llamas recibe unha nova mención internacional coa Vía Láctea de Punta Nariga.
- Setembro 16: O Faro Vilán e Cristina Fernández, protagonistas dun premio nacional de Astrofotografía.
- Xuño 16:Unha foto de Fisterra, premio no World at Night.