Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Malpica posiciónase como destino astronómico

Malpica situase como destino astronomico
Leticia Varela, Concelleira de Olería, o Concelleiro de Turismo Alfredo Cañizo; Walter Pardo, alcalde de Malpica; o fotoperiodista Basilio Bello; e Jorge Mira, catedrático do departamento de física aplicada da USC.
Malpica posiciónase como destino astronómico

O Concello de Malpica recupera un proxecto realizado por Jorge Mira en 2014 para situarse como destino xeoturístico astronómico, e que ademais foi unha promesa electoral do Concelleiro de Turismo. Un proxecto que xa tiña formulado o concello poñer en marcha antes da pandemia, pero que se ivo que ir retrasando e que agora coincide coa onda lanzada por Suso Lista arredor do fenómenos que acontece en Nariga cada solsticio (o sol sae e se pon sobre o leito mariño).

Onte presentábase no Salón de Plenos do Concello este informe polo que Punta Nariga e Santo Hadrián, polas súas características xeográficas, converten a ambos puntos nun enclave privilexiado para a observación de fenómenos astronómicos. A súa singularidade reside, entre outros factores, no feito ser un dos escasos lugares en Galicia dende os que se pode ver saír e poñerse o Sol sobre o mar en certas épocas do ano. A lúa tamén é protagonista dende estes puntos.

A baixa contaminación lumñinica da zona é fundamental, e sitúa a comarca como potencia en materia de astrofotografía.

De aí que o Concello estudará a posible certificación de Malpica como ‘Destino turístico Starlight’.

Novas relacionadas

Outras novas de fotografía nocturna

Comentarios