Continúa a polémica nos Xulgados de Muros pola expulsión da voceira do BNG dun pleno


A historia de xulgados chega do 7 de xullo de 2011, cando a voceira do BNG María Xosé Alfonso era expulsada do pleno municipal pola alcaldesa Carida González. Unha expulsión que acaba no Xulgados cunha demada interposta pola voceira da oposición, i é que naquel pleno o PSOE, cunha edil nacionalista menos, sacou adiante as partidas de retribucións para o seu equipo de goberno municipal.
E se o BNG demandaba a acción, a a alcaldesa socialista presentaba un escrito de oposición ante o xulgado do contencioso-administrativo nº 3 dos da Coruña, por medio do asesor xurídico que contratou para o concello. Un escrito, que para o BNG "é unha mostra máis da nula credibilidade que merece. Non hai máis que ler este escrito e ler a acta do citado pleno para ver as claras contradicións nas que incurre a alcaldesa no seu afán de xustificar o inxustificable".
No escrito o grupo de goberno asegura que "Al inicio del pleno, y tal y como reconoce sorpresivamente la propia demandante, sin que estuviera en el uso de la palabra, y sin que se iniciase el debate, la concejal Doña Maria José Alfonso Torres, comenzó a insultar y amenazar a la Sra. Alcaldesa".
Pola contra, dende o BNG sinalan que "na acta dese pleno celebrado o 7 de xullo de 2011, acta aprobada posteriormente polo grupo socialista, pódese comprobar con só leela como a alcaldesa Caridad González expulsa á concelleira nacionalista María Xosé Alfonso durante o debate do 5º punto da orde do día, sen ningunha advertencia previa e estando a concelleira no uso do seu turno de palabra".
Dende o BNG critican as "afirmacións contraditorias do escrito", e "dubidan da credibilidade do asesor xurídico do Concello". "Isto non é máis que outra proba da maneira de actuar da alcaldesa de Muros, para xustificar un claro abuso de poder expulsando a un membro da corporación para quedarse coa maioría suficiente e sacar adiante as súas retribucións agora míntelle descaradamente ao xulgado", sinalan dende o BNG.
Un BNG que ademais denuncia que cobra "a friolera de case 3000 €/mes por acudir ao concello dous días á semana". "Pode estar contenta e tranquila a cidadanía de Muros con este “asesor”?", pregúntanse dende a oposición.
Novas relacionadas
- 26-07-2011: A alcaldesa de Muros expulsa dun pleno á voceira do BNG e o asunto remata nos xulgados.
- O BNG rexeita a proclamación de tres alcaldes da época franquista como fillos predilectos de Muros.
- O BNG de Muros sen acceso ás facturas das dietas de urbanismo do Concello.
- O BNG denuncia que Muros pode quedar sen POS.
- 2 millóns de débeda do Concello de Muros?.
- Nota de prensa de María Xosé Alfonso Torres, portavoz municipal do BNG de Muros.