Denuncian que un piñeiro leva ciscado en Ventín dende a manga marina de decembro
11:23 26/03/19
O pasado mes de decembro, unha manga marina arrasaba unha zona de Louro. Dende aquela, como nos contan varios veciños do lugar de Ventín, as consecuencias aínda se palpan.
Este piñeiro segue ciscado, no mesmo sitio dende aquela, no lugar de Ventín. Os veciños levan máis de 3 meses pedindo que se recolla, pero non hai resposta dende as administracións. Dende o Concello aseguran que xa coñecen a situación pero ao final, ninguén move ficha.