Luns. 17.06.2019
El tiempo

Un Día da Árbore de luto en Louro

A Comunidade de Montes de Louro denuncia a tala vandálica dunha vintena de carballos e castiñeiros repoboados

Algúns dos troncos de carballos e castiñeiros esnaquizados en Louro
Algúns dos troncos de carballos e castiñeiros esnaquizados en Louro
Un Día da Árbore de luto en Louro
Un Día da Árbore de luto en Louro

Hoxe, 21 de marzo é o Día da Árbore, o Día Internacional dos Bosques. E se por Carballo o celebran cun par de fermosas actividades escolares, por Louro o conmemoran de luto. De luto pola poda salvaxe que veñen de sufrir algúns dos castiñeiros que a Comunidade de Montes prantou hai agora 2-3 anos. Castiñeiros que xa tiñan unha altura de case 2 metros, e que algún descebrado quixo cortar esta semana.

As árbores tronzadas unha vintena de castiñeiros prantados na zona de Fontejaliña, en Monte Meán, pegados á estrada. “Co traballo que dá sacalos adiante, e agora que vías que estaban estupendos…”, reflexiona o presidente da Comunidade de Montes Miguel Prado. Pon exemplos do que leva esa repoboación. “Hai ue limpar o monte, rasurar xestas e outras prantas, facer os furados, comprar e prantar as plantas, vir regar cada semana durante o verán… E que che fagan esta putada…”

Un Prado que lamenta que “foron polos mellores”, e que se pregunta “que tipo de beneficio se lle pode sacar a unha acción así?”.

Dende logo, non hai resposta, ou a única redúcese á palabra maldade, “porque se aínda fora dalguén que non quere gastar o tempo e os cartos para prantalos el na súa terra, aínda tería un sentido, pero este xeito de esnaquizalos non ten sentido”. Peor saben que “foron exactamente por eles, e non romperon as xestas do arredor, que esas si que temos que rozar cada certo tempo”.

”Estamos jodidos, e que che fagan esta putada achícache un pouco, pero esperamos, coa repercusión que está tendo o asunto, porque ademais de nas redes estase falando nos bares e en todas partes do pueblo, que o van pensar dúas veces antes de volver facer o gilipollas”, sinala despois de tomar a decisión de denunciar o asunto publicamente nas redes socias.

O desecebrado que fixo iso polo menos que lle caia a cara de vergonza, porque sabemos que temos o apoio dos veciños”.

Unha Comunidade viva

”Os que me dan medo son os máis 1.000 castiñeiros e carballos que levamos prantados este ano por todo o monte”, sinala Prado.

Porque a Comunidade loureá está moi viva. Cunha directiva curta pero ilusionada, levan facendo accións medioambientais varios anos. “No verán fumos ao rapaces do cole de Louro a prantar especies autóctonas, e levamos estes anos intentando repoboar o monte porque nos gusta o monte e queremos coidalo e darlle para adiante”.

“Manexamos un orzamento 6.000 € ao ano, e conseguimos unha subvención para as prantas, pero aínda tivemos que poñer 3.000€ do orzamento para repoboar a zona. Uns dedícanlle máis tempo que outros, todos, por suposto, no noso tempo libre, que aquí non cobra ninguén, así que coidar 500 hectáreas é complicado”.

Comentarios