Dous falecidos e catro feridos nun grave accidente en Outes e outro ferido en Esteiro
Fin de semana fatídico nas estradas da bisbarra. Este domingo, pasadas as 21:00h, dous vehículos chocaban frontalmente na AC-400, á altura do lugar de Xendil, parroquia de Valadares, Outes, moi preto de Mazaricos. A parella que viaxaba nun dos vehículos quedaba atrapada, e malia os intentos do 061-Urxencias Sanitarias, e os Bombeiros de Santa Comba, nada puideron facer para salvarlle a vida.
Ao lugar, onde se produxeron ademais importantes atascos, acodiron o helicóptero medicalizado axentes de Tráfico, membros do GES de Muros, dos Bombeiros de Boiro, dos axentes da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil da localidade e de Mazaricos
Finalmente, os Bombeiros do Xallas confirmaron ao 112 Galicia a excarceración das dúas persoas falecidas que viaxaban nun dos turismos. Os catro ocupantes do outro vehículo, país e dous fillos, resultaron feridos de consideración e foron evacuados polos servizos sanitarios.
Accidente en Esteiro
Poucos minutos despois os efectivos sanitarios e de seguridade trasladánse a Esteiro, pois o condutor dunha furgoneta, que envorcaba, tiña que ser trasladado polo 061 con pronóstico reservado.