Dous feridos en Muros tras chocar contra un poste e outro en Coristanco tras bater contra unha árbore que cortaba a AC-552

09:46 17/01/23
Esta pasada mañá de luns, dúas persoas resultaron feridas tras bater co seu vehículo cun poste de formigón no quilómetro 47 da AC-550.
Ao lugar acodiron os servizos sanitarios, que o trasladaron a un centro médico, o GES de Muros, á Garda Civil de Tráfico, así como a Protección Civil de Muros e aos servizos de mantemento das estradas.
Os dous feridos foron trasladados a un centro médico.
Bateu contra unha árbore
Igualmente, onte ás 6:00h, un home tamén tivo que ser levada a un Hospital tras bater contra unha árbore que cortaba por completo a estrada AC-552, á altura do quilómetro 43. O home avisou ao 112 queixándose de dor no pescozo.
Os servizos de mantemento das estradas despexaron a estrada arredor das 8:30.