sábado. 13.12.2025
El tiempo

A Escola Municipal de Música de Muros pon a bailar aos maiores do Centro de Día

Musica no Centro de dia de Muros
A Escola Municipal de Música de Muros pon a bailar aos maiores do Centro de Día

A Escola Municipal de Música de Muros visitou o Centro de Día para ofrecer un concerto moi especial, adicado ás persoas maiores usuarias deste servizo.

A concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira, sinalou que “foi unha experiencia entrañable, na que a Escola de Música foi acollida con gran cariño e na que todos desfrutamos coa música; incluso algunhas persoas se animaron a botar uns bailes”.

Engadiu ademais que “é moi importante levar a música directamente ás persoas que teñen maior dificultade para desfrutar desta arte na
programación convencional, asegurando que tamén poidan gozar destas propostas”.

Tamén quixo agradecer o compromiso do profesorado e do alumnado da Escola: “Para o Concello é unha sorte contar coa ESMU, sempre dispoñible para colaborar neste tipo de actividades”.

Comentarios