xoves. 13.02.2025
El tiempo

A Escola Unitaria de Serres convertirase nunha aula ambiental

Escola Unitaria de Serres-Muros
A Escola Unitaria de Serres convertirase nunha aula ambiental

O Concello de Muros recuperará a antiga escola unitaria da parroquia de Serres para o proxecto da Aula Sostible dos Outeiriños. 

“O inmoble acollerá un espazo de traballo colaborativo entre distintas entidades, impulsando un programa de educación e sensibilización medio ambiental e do sector pesqueiro”, explica a alcaldesa de Muros, María Lago. 
En concreto, o proxecto divide a antiga escola unitaria en dúas zonas diferenciadas: por un lado, na planta baixa un lugar adicado á recuperación de plasticos, no que o concello traballará de forma conxunta con Adisbismur e a asociación de mulleres do mar, colaborando coa aula sostible do Freixo.

Na planta superior do inmoble, haberá un espazo de educación ambiental que acollerá actividades para a veciñanza.
O proxecto ten un orzamento que ronda os 375.000 euros e as obras rematarán no ano 2026. O Concello de Muros aportará 174.837, 69 euros e recibira unha axuda do GALP de 198.878,91 euros.
“Queremos que sexa un espazo totalmente accesible, con outro proxecto para recuperar tamén o uso dos exteriores; a rehabilitación da antiga escola unitaria servirá para dinamizar o tecido asociativo da parroquia de Serres e as actividades da veciñanza”, engade a alcaldesa de Muros.

Comentarios