Venres. 26.04.2024
El tiempo

Esteiro quere recuperar a súa Illa da Creba

Recuperacion Illa da Creba
Esteiro quere recuperar a súa Illa da Creba

O domingo 8 de maio ás 12:30 no local social da Esteirana terá lugar a presentación do caderno “A illa da Creba, un baldío comunal,” elaborado opola Fundación Galiza Sempre, o laboratorio de ideas de referencia do Bloque Nacionalista Galego.

A publicación da autoría de Francisco Abeijón, “alén de socializar o espolio da illa, pretende enmarcarse nunha estratexia máis global onde se inxerirán outras actuacións a executar para conseguir a devolución da Creba ao seu lexítimo dono, o pobo galego”, explican dende a Fundación. “Esta demanda histórica social non responde só a unha cuestión emocional, tamén á económica, pola importancia que supón o banco de pesca de marisqueo, rico en ameixa babosa e sensíbel pola súa proximidade ás obras que se realicen sobre o mar”.

Tamén figura clave a cuestión xurídica, “pois en máis dunha ocasión a legalidade das actuacións que se realizaron sobre a illa xerou certos cuestionamentos, e evidentemente ambiental, polo claro exemplo de especulación urbanística e agresión ao medio ambiente que supón”.

De feito, este ano cúmprense 100 anos desde que a súa inscrición no Rexistro Municipal de Outes foi a favor dun particular, “100 anos dunha decisión política que desde o BNG e a FGS consideramos un roubo”, explican.

Para implicar a toda a cidadanía presentan esta publicación, presentará na que participarán Sol Agra (responsable comarcal do BNG de Muros Noia), Bieito Lobeira (autor do limiar do caderno), Francisco Abeijón, Pacucho (autor do caderno) e Rodrigo Molinos, Bolato (Asociación Cultural O Xeito). Na presentación o público poderá recoller un exemplar gratuíto do caderno.

Comentarios