domingo. 15.12.2024
El tiempo

Extinguido o Incendio de Esteiro en Muros

Extinguido o Incendio de Esteiro en Muros
O Incendio que se producia este Xoves 29 de Agosto na Parroquia de Esteiro no Concello de Muros quedou Totalmente extinguido na noite de onte Venres 30 o redor das 22:00h. Este  Incendio daba comezo como xa mencionamos este Xoves pasado o redor das 21:25h na parroquia de Esteiro no Concello de Muros e o cal tamén afectou o Concello de Outes concretamente na parroquia do Freixo onde o lume chegou a cerca das casas. As estimacións provisionais do terreo afectado serían de unhas 24,14 hectareas de superficie. Na extinción deste lume traballaron 6 Axentes Forestais, 17 Brigadas, 8 Motobombas, 2 Palas e 2 Helicópteros, estes medios e os aportados polos Concellos afectados están todos dirixidos e Coordinados pola Conselleria de Medio Rural e Mar da Xunta de Galicia. Esta Conselleria pon a disposición da cidadania un teléfono o que poden chamar en caso de Lume, o teléfono é gratuito só ai que marcar o 085.

Comentarios