Mércores. 11.12.2019
El tiempo

O grupo Prefusión chega a Muros pola conmemoración da patroa da música

O grupo Prefusión
O grupo Prefusión
O grupo Prefusión chega a Muros pola conmemoración da patroa da música

Perfusión é unha mestura única, natural e enerxética da música e baile galego coa música e a danza africana. Un espectáculo visual e sonoro, no que as vibrantes percusións, as doces melodías e as fermosas danzas de ambas culturas, son fusionadas de xeito orgánico para facer desfrutar a todo tipo de públicos.
Estas 4 mulleres e estes 4 homes galegos amosan, coa súa sorprendente proposta, que a unión de culturas a través da arte é unha ferramenta potente para promover a solidariedade e a empatía entre os pobos do mundo.

O elenco está integrado por Tania Veiga, Vane Bolboretiña, Amelia García, Javier Pérez, Eloi Pérez, Javier Nájara, Roberto Pose e Sabela Monteira, que nos achegarán a instrumentos como o djembe, dunduns, pandeireta, shekere, gaita, balafón, alboca, frauta, shekere, krin, batería de duns, do mesmo xeito que as danzas galegas e africana.

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros  acolle o sábado, 16 de novembro, ás 18:00 horas, este espectáculo do grupo Perfusión. Incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. As entradas son a 2,50 € e xa están a venda nas oficinas do centro cultural de Muros. A concelleira de cultura, Mayka González, confía en que o espectáculo seleccionado para conmemorar a Patroa dos músicos nos faga gozar a toda a poboación de Muros dunha gran tarde musical de sábado en familia.

Comentarios