luns. 09.03.2026
El tiempo

O Mercado de Abastos de Muros convertiuse nun auténtico club de jazz

Jazz no Mercado de Abastos de Muros.Foto-Gonzalo Dacosta
O Mercado de Abastos de Muros convertiuse nun auténtico club de jazz

Abre o abano a familia da ACRD Praia do Castelo no marco da novedosi ciclo Sons do Mercado. Un programa que leva un mes convertindo o Mercado de Abastos nun espazo vivo para a música en directo. E despois do rock, o ciclo abriuse esta finde ao jazz, cunha exitosa xornada sabatina coa actuación de Mirto e Amaro Sampedro Quartet, nun concerto que transformou o Mercado de Abastos de Muros nun auténtico club de jazz. A ambientación especial do espazo e a proximidade entre músicos e público contribuíron a crear unha atmosfera única que foi moi ben recibida pola veciñanza.

Dende primeira hora da tarde, o público respondeu enchendo a sala e acompañando con entusiasmo unha proposta musical centrada no jazz e na improvisación. 

A noite abriu coa actuación de Mirto, un proxecto musical no que participa Juanjo Fernández, músico tamén da banda muradá Esbozo, achegando unha proposta instrumental que dialoga co jazz contemporáneo e que puxo de manifesto a calidade e diversidade da escena musical.

Jazz no Mercado de Abastos de Muros.Foto-Gonzalo Dacosta 2

Un dos momentos destacados da noite chegou coa actuación de Amaro Sampedro Quartet. O músico, nacido en Vigo e criado en Rois, iniciou a súa formación nas bandas tradicionais galegas antes de continuar os seus estudos en Francia, onde se especializou en música clásica e jazz en Niza.

Vindeira cita

O ciclo Sons no Mercado continuará o vindeiro 4 de abril coa actuación de A Banda do Peixe.

Comentarios